mércores, 30 de marzo de 2016

Proxecto de investigación: Canta bichería!

Durante o curso 2015/2016 o proxecto de investigación proposto para traballar no CEIP A Cristina son os BECHOS.

Na entrada da biblioteca hai unha exposición de materiais que vos axudarán na investigación deste tema tan interesante.





Ao longo do curso propuxemos unha actividade,  na cal cada aula, debe investigar un becho. 

Terán un tempo quincenal de búsqueda, para o cal poden empregar os libros seleccionados pola biblioteca ou consultar os enlaces web que deixaremos más abaixo, e ao rematar ese tempo, deben entregar un traballo no que expliquen información dese becho, o que máis lles chamase a atención.

É por isto, que a continuación vos deixamos suxerencias para elaborar e presentar un traballo correctamente:




Os primeiros en comezar foron os alumnos e alumnas de SEXTO e o seu tema foi a METAMORFOSIS COMPLETA:




Estes son os enlaces que podedes consultar:







Os alumnos e alumnas de QUINTO investigaron sobre: 
AS ABELLAS.




Estes son os enlaces que podedes consultar:




Os alumnos e alumnas de CUARTO investigaron sobre: 
AS FORMIGAS.



Estes son os enlaces que podedes consultar:






Estes traballos estámolos expoñendo no corcho da biblioteca para que todo o alumnado do centro poida consultalos.


Os alumnos e alumnas de TERCEIRO investigarán sobre: 
AS ARAÑAS ACUÁTICAS.



                    Estes son os enlaces que podedes consultar:




*Recordade: tedes que analizar e seleccionar a información importante!


Os seguintes son os nenos e nenas de segundo, que investigarán...
                                    O GECKO LEOPARDO
A vosa data para entregar o traballo é o 4 de Maio (incluído).

Aquí tedes algúns enlaces onde podedes consultar información, ademáis dos libros seleccionados na entrada da biblioteca!
Moita sorte!



Fenomenal os nenos e nenas de 2º de E.P., fixeron uns traballos estupendos, e seguiron moi ben as recomendacións de como elaborar un traballo de investigación!



Por último, é o turno dos nenos e nenas de 1º de E.P, aos cales lles tocou investigar:

OS ESCARABELLOS

      A vosa data para entregar o traballo é o 23 de Maio (incluido).

Aquí vos deixo uns recursos web para que poidades investigar en internet, e vos recordo, na entrada da biblio hai libros de consulta sobre estes bechos.







 E, por último, podedes consultar esta INFOGRAFÍA!





Os nenos e nenas de 1º E.P.  xa están mans á obra, mirade como está de chea a biblioteca!!

Están traballando moitísimo!!





MOITA SORTE!!

luns, 28 de marzo de 2016

Formación de usuarios

Benvid@s ao blog da biblioteca do Ceip A Cristina (Carballo):

O RECUNCHO DE NUNO

Para comezar, que vos parece se coñecedes un pouco a nosa biblioteca?



Algo moi importante nunha biblioteca son as normas, as cales  non debedes esquecer nunca...






Algo que vos preguntaredes a miúdo: 

Como atopo un libro na nosa biblioteca?







E, por último, dirixido a mestres/as e "alumnado colaborador", presentámosvos unha guía de uso do PROGRAMA MEIGA.






Arrancamos con moitas ganas e ilusión!
Un saúdo!
Nuno