sábado, 30 de abril de 2016

Recomendacións de lectura


- POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA!

         É a historia duns amigo@s, todos son iguais menos un, que é diferente. Non ven estas diferencias até que un problema se interpón entre eles.  O que é diferente pensa en arranxar a súa diferencia e os outros a axudarlle a que sea igual que eles, non obstante, empatizan con el e danse contra que el non é quen ten o problema, senón que é o entorno.






-  O MONSTRUO DE CORES
ANNA LLENAS é a autora destes dous contos fantásticos para lerlles aos máis pequenos (e aos que non son tanto). Axudaralle a entender que tipos de emocións hai,  como se expresan e como  diferencialas.  
     


- VACÍO (Anna llenas)
 
Trata do sentimiento de "vacío" que poden sentir algunhas persoas, de feito, seguro que moitos  de nós sentímolo algunha vez.
PRIMEIROS LECTORES

- DESPOIS DA CHUVA
 

Fábula moderna. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades nin nas súas intencións e encomenda esas tarefas a outros animais. 

 - LAS JIRAFAS PUEDEN BAILAR!


Todos os anos, en África, celébrase o Baile da Selva… e aos animais lles encanta bailar e facer piruetas!Chufa quere participar en ese famoso Baile, pero como todo o mundo sabe, as xirafas non poden bailar! Ou sí…?




LECTORES AUTÓNOMOS
-  O SEGREGO DA ILLA NEGRA


Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.
-  INVENTARIO DE INSECTOS 

Reúne 65 especies de insectos de diversas procedencias. Un libro atractivo pola vistosa representación gráfica dos insectos, polos contidos técnicos sobre a súa anatomía, hábitat, alimentación, curiosidades relacionadas coa captación dos sentidos e das imaxes, ou o desenvolvemento fisiolóxico dos que experimentan a metamorfose. 


LECTORES AVANZADOS
      
A NENA E O MAR (ERICA ESMORIS)
 
Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla orfa de nai, ao coidado dos habitantes desta vila encantada. 

- O MEU NOME É SKYWALKER


Un libro que fala da invisibilidade dos que máis necesitan ser vistos. Do egoismo das boas persoas, coma nós, que temen enfrontar os seus medos, asomarse nun cavorco de tristura e necesidade que non saben como manexar.
So os máis pequenos, que non teñen aínda prexuízos, ven persoas e as situacións como son.

sábado, 23 de abril de 2016

ABRIL, LIBROS MIL !

Para comezar coa celebración do día do libro...participa!

*Para participar fai clic dúas veces no medio da pizarra. A continuación, escribe os teus datos e carga unha imaxe.


xoves, 21 de abril de 2016

Día do libro 2016: "Os libros son para valentes" Pedro Feijoo.

Como cada ano o 23 de Abril celébrase o día mundial do libro. 

Este ano celebrámolo co texto do autor Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto: 



Ademais do mercadillo solidario e a actividade coa aplicación PADLET para saber cales son os nosos libros favoritos, no centro fixemos unha maratón lectora na que conmemoramos ao escritor Manuel María.

Estuvemos traballando os seus poemas e algunhas cancións tan bonitas coma estas:

O sol 


O cuco

O barco

- Empezamos polo primeiro ciclo de E.P.



Tamén leron as suas titoras e a mestra de Pedagoxía Terapéutica.

- Continuamos co segundo ciclo de E.P.




Coa participación, ademais das titoras, da profe de Audición e Linguaxe e a mestra especialista en Inglés.


- Continuamos co terceiro ciclo de E.P.









- Por último, Educación Infantil.




Un saúdo!




luns, 11 de abril de 2016

Quen me quere adoptar?

Dado que estamos no mes dos libros...outra actividade que se nos ocorreu desde o equipo de biblioteca foi:

O 1º Mercadillo Solidario do CEIP A Cristina:



Son libros aos que lles queremos dar unha segunda oportunidade, de ahí ven un poco o título que lle puxemos. 

A nosa biblioteca está pasando por unha auténtica renovación, por isto que vos pedimos a vosa colaboración.

MOITAS GRAZAS!

------------------------------------------------------------------------

A venta dos libros está tendo moito éxito, grazas pola vosa colaboración.




O alumnado de 6º E.P., colaborador da biblioteca, encárgase durante o recreo do coidado e cobro do material.

Por suposto tamén grazas ás familias...




venres, 1 de abril de 2016

Bibliotecas escolares, base de exploracións!


Este é o lema proposto pola Consellería de Educación para traballar neste curso 2015/2016, o cal convida a explorar o mundo, traballar coa información e compartir o aprendido.



A biblioteca, en colaboración co equipo de Educación Infantil, propuxemos unha actividade moi interesante e divertida para os máis pequenos.

Trátase dun "Maletín científico" que levarán as súas casas  (polo que tamén precisamos a colaboración das familias). Dentro atoparedes unha bata de científic@, unhas gafas protectoras, unha pipeta, colorante e as normas,  instrucións e explicación científica do "EXPERIMENTO" que van a levar a cabo.



A biblioteca proporcionou un libro de materias no que poden consultar ese experimento ou outros diferentes e disfrutar toda a familia.


E finalmente, os nenos/as cubrirán unha folla de avaliación que nos permitirá coñecer se lles gustou ou non a  actividade e tamén, poden facer un debuxo ou pegar unha imaxe do proceso.







Un saúdo!