xoves, 30 de marzo de 2017

A MERLA DE TRAPO

O luns 27 de MARZO tamén recibimos na biblioteca a Antón Cortizas. 

Veunos falar sobre o  libro que estuveron lendo no 3º ciclo de E.P.:
"A merla de trapo"
Tamén lle fixemos entrega dun pequeno detalle de recordo.

 




E, por suposto, firmounos os nosos libros de lectura.



Moitas grazas!!

mércores, 22 de marzo de 2017

Día da muller traballadora e día da poesía!

Este mes está cheo de efemérides importantísimas para a nosa Biblioteca.

8 de Marzo de 2017
Día internacional da muller traballadora.

Durante toda a semana, e de forma voluntaria, os nenos e nenas realizaron na biblioteca pequenas investigacións sobre mulleres importantes da historia empregando, ademáis de fontes web, estes libros (entre outros) de consulta:

Ensinámosvos o traballo realizado a través da exposición colocada na entrada do centro.




       



Tamén voluntariamente, os nenos e nenas de 5º de E.P. puideron entregar os traballos en formato PPT.













21 de Marzo de 2017.
 Día mundial da poesía.

Seguindo coas mulleres, a biblioteca decidiu conmemorar este día polo seu 100 aniversario a:

GLORIA FUERTES

Resultado de imaxes para gloria fuertes


En breves mostrarémosvos os traballos das distintas aulas...

luns, 20 de marzo de 2017

Rubicundo

O pasado venres 17 de Marzo tuvemos o pracer de recibir na Biblioteca a visita de María Canosa, escritora e autora do libro titulado "Rubicundo".

Como agradecemento fixémoslle entrega dun recordo do noso centro.

Os que tuveron a sorte de desfrutala foron os alumnos e alumnas de  2º E.P., 3º E.P. e 4º E.P. aos cales lles firmou o libro e lles respondeu a preguntas tales como: como fas para escribir?, que fas cando che xorde unha idea?...
 

GRAZAS POLA TÚA VISITA E CERCANÍA.

Equipo de Biblioteca