Este mes, e en concreto o 23 de Abril é unha data especial para as bibliotecas escolares. Este curso, homenaxeamos esta data da man dun poema especialmente escrito para este día de
Rosalía Fernández Rial
O equipo de biblioteca ten preparadas unha serie de actividades para estas dúas semanas:
- II Mercadillo solidario:
Ata o 5 de Maio poden participar alumnado e familias.
- Lecturas animadas:
do luns 24 ao xoves 28.
Os nenos e nenas de 6º, 5º, 4º e 3º de E.P. realizarán as animacións á lectura nas horas de ler.
- Leturas ao sol:
Do 24 ao 28 de abril, nos diferentes patios, prestaremos contos e libros para mirar, ver, ler, compartir... e desfrutar dunha forma diferente do tempo de lecer.
- Contacontos Educación Infantil:
Aínda que é unha actividade mensual en colaboración da biblioteca e as mestras de E.I, coincidiunos con esta semana tan especial. Tocoulle o turno á profe Begoña co conto:
"Tres con Tango".
- Mural EXPRES-ARTE:
do 18 de abril ao 5 de Maio colocamos un mural en branco para que os nenos e nenas, familias ou mestres, expresen de forma artística o que senten cos libros, actividade dentro do Proxecto EmocionArte que estamos levando a cabo este curso.
- APADRIÑAMENTO LECTOR
Este ano, houbo uns padriños e madriñas lectores/as e lles asignamos afillados e afilladas máis pequen@s, aos que lles había que ler un conto, e viceversa.
Foi estupendo ver como gozaban xunt@s da lectura!
Este ano, houbo uns padriños e madriñas lectores/as e lles asignamos afillados e afilladas máis pequen@s, aos que lles había que ler un conto, e viceversa.
Foi estupendo ver como gozaban xunt@s da lectura!
Equipo de biblioteca