martes, 30 de maio de 2017

EmocionArte por Carballo!

O alumnado de Educación Primaria asistiu na biblioteca a unha charla informativa sobre a Arte e as Emocións, dentro do noso proxecto "EmocionArte na Cristina".
Que mellor forma de poder traballalo que observando murais do seu propio entorno e  que coñecen perfectamente.

Pero...coñeceranos tanto como pensan?

Para isto, O Ceip A Cristina convidou a  varios artistas  destes cadros, como por exemplo:

- MON LENDOIRO.

- CRISTINA CASTRO.

-  SANTI PICOS.

Gracias tamén á colaboración do "Museo de Bergantiños" e á concellaría de Turismo de Carballo.


Aproveitando o entusiasmo dos nenos e nenas houbo unha boa ronda de  preguntas.


Para completar esta actividade  e ver "en vivo e en directo" este proceso, a semana que vén realizaremos un roteiro con todo o alumnado polas rúas de Carballo.



O xoves día 1  e venres 2 xuño realizamos o roteiro:
 "EmocionArte por Carballo".


























Un saúdo.




luns, 22 de maio de 2017

Día das Letras Galegas

Hoxe é un día moi especial para nós, para a nosa lingua e para a nosa comunidade.

A nosa biblioteca, aínda que xa dispoñía de exemplares de Carlos Casares, aproveitou para actualizalos.


Na súa obra hai  textos fantásticos para poñer nas mans de nenos e nenas, textos para cuestionar o mundo cos adolescentes, textos para a reflexión e mirada diverxente, textos para facer lectores en galego. 

Destacamos:



A GALIÑA AZUL

LOLO ANDA EN BICICLETA




AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS


O PRINCIPIÑO 
* Carlos Casres fixo a tradución ao galego.



No CEIP A Cristina decidimos traballar a biblioteca máis o equipo de Normalización cos contos de "A galiña azul". 

Repartimos os catro relatos, un para cada ciclo: 
"A bomba da felicidade" - E.I.
"A galiña azul"- 1º ciclo E.P.
"A formiga esquiadora"- 2º ciclo de E.P.
"O peixe da fonte do xardín"- 3º ciclo de E.P.

Este foi o resultado:







Tamén conmemoramos este día coa súa lectura:

EDUCACIÓN INFANTIL



Moitas Grazas!


luns, 15 de maio de 2017

Valoracións das mochilas viaxeiras

Valoracións das familias e o alumnado de 6º de E.Primaria





Valoracións das familias e o alumnado de 5º de E.Primaria




 Valoracións das familias e o alumnado de 4º de E.Primaria


Valoracións das familias e o alumnado de 3º de E.Primaria







Valoracións das familias e o alumnado de 2ºA e 2ºB de E.Primaria






Valoración das familias e o alumnado de 1º de E.P.







Valoracións das familias e o alumnado de 6º de E.Infantil




Valoracións das familias e o alumnado de 5º de E.Infantil

      


Valoracións das familias e o alumnado de 4º de E.Infantil


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


venres, 5 de maio de 2017

EMOCIONARTE

Ao longo de todo o curso os nenos e nenas de 3º de Primaria traballaron diferentes autores e os seus cadros de arte.

Aquí tedes un resumo do seu traballo.

GUSTAV KLIMT

EDVARD MUNCH


LEONARDO DA VINCI


PABLO PICASSO


MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO.