xoves, 22 de febreiro de 2018

BenvidXs Escornabots!

Contarvos que na biblioteca do CEIP A Cristina, temos dous invitados un tanto especiais:

 ESCORNABOTS! 

Moit@s de vós, preguntarédesvos que son. Pero a maioría dos vosos fillos e fillas xa os coñecen.


 Son estes ROBOTS que chegan ao noso cole para aprender moitas cousas e divertirse ao mesmo tempo co nosos alumnado e profesorado.

Os nenos e nenas poderán interactuar con eles nas aulas cos titores/as, máis tamén "libremente" nos recreos na Biblioteca.

Con estes pequenos amigos poderán aprender xogando aspectos relacionados coa reciclaxe, as matemáticas, linguas, deportes, música...




Tamén, creamos un recuncho especial de creatividade, para que cada un/unha deseñe a súa propia plantilla de Escornabot.


 


mércores, 14 de febreiro de 2018

Adiviña canto te quero!

Este mes conmemoramos unha emoción marabillosa: O AMOR.

O equipo de biblioteca quere recomendarvos os seguintes contos para este mes:

Como novidades destacar:

- Todos sois mis favoritos.  Conto marabilloso que traballa o amor que sinten os pais/nais cara os seus fillxs.


-Adivina cuanto te quiero.  O Amor (ao igual que outros sentimentos) é algo complicado de medir, e en ocasións cando se trata de encontrar a forma de expresalo non é algo doado.



- Con locura. Historia entre un gato (que mostra constatemente o seu amor) e un peixe ao que lle costa un pouquiño máis.



- Te quiero (casi siempre).   Ás veces, algo que nos gusta dunha persoa tamén nos molesta... Lolo e Rita son moi distintos entre sí. Este libro, invita á comprensión do que nos fai diferentes.

-De que cor é un bico?. A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será?




 Un saúdo.