Nesta entrada queremos amosar a celebración do día internacional contra a violencia de xénero no CEIP Plurilingüe A Cristina.
O 26 de Novembro unimos as nosas mans contra a violencia de xénero.
En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega traducimos a cantiga de Hueco e Hanna "se acabaron las lágrimas" á nosa lingua e cantamos o retrouso no patio do colexio. Para iso, utilizamos as mans que fixemos todos os nenos do centro co lema "STOP, NON MAIS BÁGOAS".
Ademais, ao longo destas semanas estamos visualizando unhas curtametraxes de concienciación sobre este tema.
Deixámosvos algunha mostra das aulas que xa estiveron traballando coas curtas.