xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL!!!

Desde o Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina enviámosvos as seguintes recomendacións lectoras para desfrutar neste Nadal.




Ademais, no expositor do colexio podedes atopar unha selección de títulos relacionados con estas datas. 


E, por suposto, estes días divertímonos moito e todo o alumnado do centro puido desfrutar na biblioteca dunhas curtametraxes sobre o Nadal.






Esperamos que desfrutedes moito destas datas tan especiais. 
FELICES FESTAS!!!

martes, 4 de decembro de 2018

Contacontos

Aproveitando o día internacional da diversidade funcional os nenos e nenas de Educación Infantil poideron desfrutar dun contacontos moi especial das mans da profe Adriana e o amigo Elmer.
Grazas á historia de Elmer, recordamos que todos somos iguais pero ao mesmo tempo tamén somos diversos; todos somos valiosos polas nosas cualidades, e aceptámonos do mesmo xeito que respectamos aos demais coas súas diferenzas.





mércores, 28 de novembro de 2018

UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nesta entrada queremos amosar a celebración do día internacional contra a violencia de xénero no CEIP Plurilingüe A Cristina.
O 26 de Novembro unimos as nosas mans contra a violencia de xénero. 
En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega traducimos a cantiga de Hueco e Hanna "se acabaron las lágrimas" á nosa lingua e cantamos o retrouso no patio do colexio. Para iso, utilizamos as mans que fixemos todos os nenos do centro co lema "STOP, NON MAIS BÁGOAS"









Ademais, ao longo destas semanas estamos visualizando unhas curtametraxes de concienciación sobre este tema. 
Deixámosvos algunha mostra das aulas que xa estiveron traballando coas curtas










mércores, 21 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos inmersos no día internacional contra a violencia de xénero
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música. 
A canción escollida para tal fin foi "se acabaron las lágrimas" de Huecco e Hanna. 
Esperamos que vos guste.



Ademais, deixámosvos unha serie de recomendacións lectoras para desfrutar estes días.




martes, 20 de novembro de 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

A entrada de hoxe está adicada aos nenos, xa que como sabedes é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.
Aínda que consideramos que o respecto pola infancia, os dereitos e os valores deben de traballarse no día a día, é unha gran oportunidade para celebralo entre todos. 
Por iso, hoxe, os nenos de 6º de Educación Primaria fixeron unhas lecturas moi especiais ao resto de alumnado do centro. Aproveitando que este ano as bibliotecas escolares están adicadas á poesía fixemos uns preciosos recitados. 

4º Educación Infantil:



5º Educación Infantil:


6º Educación Infantil:



1º Educación Primaria:



2º Educación Primaria:



3º Educación Primaria:




4º A Educación Primaria:



4º B Educación Primaria:



5º Educación Primaria:



E, recibiron uns diplomas pola súa participación, esforzo e dedicación.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Moitas Grazas a tod@s!!! Sodes fantásticos!!!