domingo, 24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro conmemórase a figura dunha das escritoras mais importantes da cultura galega, Rosalía de Castro
Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas sociais vividas na sociedade.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronse distintas inxustizas para cada un dos ciclos, as cales aparecen reflectidas en distintas chapas e pancartas.




EDUCACIÓN INFANTIL: A EMIGRACIÓN "¡Deixo a casa onde nacín...! "Cantares Gallegos"




1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: ABUSO LABORAL, EMIGRACIÓN "Trataide ben ós galegos" "Cantares gallegos"




3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: INXUSTIZA SOCIAL "Tirá...que cando caiades, hanvos de face-lo mesmo"  "Follas Novas"




5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO "Quedei deshonrada, mucháronme a vida" "Follas Novas"


    

xoves, 14 de febreiro de 2019

PHOTOCALL DE AMOR

Este mes celebramos unha emoción marabillosa: O AMOR
Por iso, durante estas semanas, na biblioteca, os nenos estiveron enchendo corazóns con poemas de amor para aquelas persoas as que queren moito.
Todos eles, no día de hoxe, poideron facerse unha foto no photocall do recuncho de nuno.




Ademais, desde o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras para este mes.



venres, 1 de febreiro de 2019

CONTACONTOS

Hoxe foi un día moi especial para os nenos de educación infantil. A editorial SM agasallounos cun marabilloso contacontos da man de Sabela. O único que tivemos que facer foi deixar voar a nosa imaxinación e ... TACHÁÁÁÁÁN ... pasamos un anaco ben divertido.








MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!