martes, 21 de maio de 2019

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, xa que a semana pasada tivemos que aprazalo debido as condicións meteorolóxicas.
Levamos a cabo a III Carreira pola lingua do CEIP Plurilingüe A Cristina, na que participou todo o alumnado do centro para reivindicar a defensa da nosa lingua. Mirade que ben o pasamos!!!












Ademais, o alumnado de 6º de Educación Primaria elaborou unha canción en defensa da nosa lingua que leva por título "Está nas nosas mans", a cal interpretaron no patio cun fantástico baile e coa axuda do resto de alumnado.





xoves, 16 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Antón Fraguas foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista e o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano.
Dado que este curso fomos incluídos no Plan LÍA de Bibliotecas escolares aproveitamos a ocasión para achegar ao alumnado á biografía de Antón Fraguas dun xeito especial, a través de pictogramas.




Ademais, nas distintas aulas e coa colaboración das familias, traballamos parte da súa obra.
O equipo de dinamización da lingua galega propuxo distintos traballos para os diferentes cursos. Así, na etapa de Educación Infantil traballamos as cantigas populares, os aparellos de labranza e os refráns e adiviñas e na etapa de Educación Primaria traballáronse os topónimos da cultura galega.
Podedes ver unha pequena mostra nas seguintes fotos.














Por outra banda, nalgúns cursos fixéronse unhas podcast sobre os distintos traballos que se realizaron sobre o autor homenaxeado.

Podcast aula 6º Educación Infantil





Podcast aula 4º A Educación Primaria




Podcast aula 6º Educación Primaria





E, por suposto, realizáronse unha serie de recomendacións lectoras para estas datas.




mércores, 15 de maio de 2019

Mochilas Viaxeiras

Xa estamos preto do remate do curso e comezan a chegar de volta as nosas mochilas viaxeiras. Este ano viaxaron as nosas casas contos revolucionarios e contos de poemas, acorde as temáticas do proxecto de centro e das bibliotecas escolares. 
Unha vez mais, moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración e por realizar un traballo fantástico. Esperamos que as gozarades.


Mochila 6º E.I.



Mochila 1º E.P.



Mochila 5º E.P.



Mochila 6º E.P.


luns, 13 de maio de 2019

Contacontos

Hoxe tivemos unha visita moi especial no Recuncho de Nuno. A Editorial Santillana e a Editorial Alfaguara agasalláronnos con dous marabillosos contacontos da man de Vicky. 
O primeiro deles foi para 1º e 2º de Educación Primaria sobre o conto "La vaca dijo mua" de Gloria Sánchez.





E o segundo foi para 3º e 4º de Educación Primaria sobre o conto de Roald Dahl "Cuentos en verso para niños perversos".




Moitísimas Grazas.

venres, 10 de maio de 2019

Visita Antonio Manuel Fraga

Hoxe convidamos ao noso centro a Antonio Manuel Fraga para falarnos da súa obra "O castiñeiro de abril", co que traballaron os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria.


Pasámolo xenial.
Motísimas Grazas.

xoves, 9 de maio de 2019

Visita Antón Cortizas

Hoxe convidamos ao noso centro a Antón Cortizas para falarnos da súa obra "O lapis de Rosalía", co que traballaron os nen@s de 1º e 2º de Educación Primaria.
 Ademais de contarnos cousas moi interesantes fixo con nós esas marabillosas bolboretas que saen da boca de Rosalía dicindo palabras bonitas.


Foi xenial compartir esta experiencia con Antón.
Pasámolo xenial.
Moitas Grazas. 

venres, 3 de maio de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio foi o Día Intenacional contra o acoso escolar e no Recuncho de Nuno estivemos vendo unhas curtametraxes de concienciación sobre esta temática.

As curtas coas que estivemos traballando foron as seguintes:
"Lou", conta a historia dun monstro de obxectos perdidos que observa día a día o acoso escolar que sufren moitos nenos na hora do recreo. Un neno é o causante de todos os casos dedicándose a roubar os obxectos de outros nenos. Pero un día o monstro faralle reflexionar e mostraranos que detrás dun neno acosador tamén hai unha problemática. Comprobará que ser bo ten a súa recompensa. Esta curta foi nomeada ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 90 edición dos premios.

"No juegues conmigo" é unha curta na que o protagonista ten o poder de influír no resto dos seus compañeiros para acosar a outro neno. Cando elixe a súa vitima logra que todos os nenos do grupo participen nas burlas e no maltrato cara el. Despois de varios días de acoso, unha das nenas dase conta de que ela e os seus amigos están sendo manipulados por César e decide poñerlle fin a esa situación.

"Blender", unha curta animada na que se ve representada a vida dun neno que sufre violencia na aula, un neno tímido e illado que resulta ser un branco fácil dos agresores. Todo remata cando o neno enfronta esta situación. 












xoves, 2 de maio de 2019

Desfrutando do Recuncho de Nuno

Imos chegando ao remate do curso e cada día desfrutamos mais da nosa biblioteca. Queremos achegarvos unha mostra dalgunhas actividades que facemos no Recuncho de Nuno.
Pasámolo xenial os luns e os venres fedelleiros xogando aos distintos xogos que temos na biblio e utilizando os ordenadores e as tablets.







E, ademais, gozamos moitísimo facendo traballos documentais para as distintas actividades e proxectos das nosas aulas.













Pouquiño a pouco iremos incorporando mais materiais e actividades para seguir mellorando o noso recuncho.