luns, 30 de setembro de 2019

Día internacional da Discapacidade auditiva



Hoxe, inauguramos por fin a biblioteca do centro, e fixémolo  celebrando unha data moi especial, o día internacional da discapacidade auditiva.
 O noso obxectivo foi visibilizar as barreiras que enfrontan as persoas con esta discapacidade e provocar que o alumnado se comprometa na súa inclusión nas aulas e na sociedade. 
 Ademais, outro dos obxectivos foi concienciar aos máis peques do cole sobre a necesidade de coidar a saúde auditiva. 

 Por iso, durante o recreo desfrutaron de distintas proxeccións e posterior reflexión sobre as mesmas. Algunhas foron:

 Tamara: el valor de la superación. 






  El sueño de Pedro.




Agardamos que desfrutárades da xornada.

venres, 27 de setembro de 2019

GUÍA DE USUARIOS

Xa falta pouco para abrir as portas da nosa biblioteca. 

Por iso compartimos con vós a guía de usuarios de este curso 2019/2020 para que non vos perdades nada. 

 Agardámosvos no Recuncho de Nuno!

luns, 23 de setembro de 2019

Formación de usuarios da biblioteca

Os mestres e mestras de A Cristina comezamos o curso con moitas ganas de ensinar e aprender, por iso, todo o claustro reuniuse para facer unha formación como usuarios da biblioteca co fin de coñecer e dinamizar todos os servizos, espazos e materiais dos que dispoñemos e traballar con metodoloxías motivadoras e creativas para os nosos alumnos e alumnas.


Preparados....listos.... Comezamos!

sábado, 14 de setembro de 2019

Curso 2019/2020

Bo comezo de curso a toda
a comunidade educativa do 
CEIP PLURILINGÜE A CRISTINA!