Dende o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz en lembranza de Mahatma Gandhi.
Un ano máis no CEIP P. A Cristina conmemoramos esta data a través de diversas actividades dende 1ª hora da mañá: contacontos, poemas pola paz, lectura de manifesto, interpretación de cancións...
O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria recibiron a visita de dúas contacontos moi especiais, Yolanda, nai de Leo e Lucía, e Susana, nai de Carmen.
Moitas grazas de novo pola vosa visita!!!!
"Negros e Brancos" para Educación infantil:
"As lentes de ver" para 1º e 2º de primaria:
A continuación, expuxemos os poemas pola paz escritos durante o recreo na biblioteca polo alumnado voluntario.
Despois, reunido todo o centro no pavillón, escoitamos o magnífico manifesto da man de Mateo (5º de infantil) e Álvaro (6º de infantil) e entonamos todos xuntos a canción " Querote máis" de O sonoro Maxín mentres a antorcha da paz percorreu todas as nosas mans, xa que como todos e todas sabemos....
"A paz está nas nosas mans"
E ademáis, o alumnado de valores 5º de primaria xunto coa súa profe Nerea, visitaron as distintas aulas para compartir unha fermosa versión da coñecida canción Imagine.
Versión de Imagine
Compartimos con vós a lectura do manifesto e outras imaxes do día.
Lectura do Manifesto pola Paz
Día da Paz 2020