venres, 19 de xuño de 2020

Feliz verán!!!

Chegou o momento de despedirnos para que vós desfrutedes do verán, e para nós deixar todo preparado para acollervos de novo na vosa biblioteca en setembro.

Pero antes, queríamos agradecervos a vosa compaña e aportacións durante todo este curso, tanto na mesma biblioteca como aquí, no voso Recuncho dixital, especialmente durante estes duros meses que pasamos lonxe de vós.

Ademais, temos unha última mensaxe que compartir para finalizar este curso, queredes saber de quen????



Algúns mestres e mestras da biblio e do cole terán que emprender outro camiño, achegar a outros nenos e nenas os vosos libros, lecturas e actividades preferidas, pero outros profes continuarán con vós, para seguir facendo da nosa biblioteca...o espazo máis especial do cole.

Confío en vós para coidala tanto como o fixeron eles: os nenos e nenas de A Cristina reuníndovos, lendo e xogando nela, os colaboradores axudando a que todo funcione ben, as familias visitándonos para lernos contos....

Unha vez máis... MOITAS GRAZAS!!!!

Despedímonos cun ATA PRONTO desexándovos un feliz verán e que o pasades rodeados de boas lecturas, así que aquí van as recomendacións que todos os mestres e mestras de A Cristina, buscamos para vós.




UNHA APERTA ENORME!

xoves, 18 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Boa tarde:

Mañá é o último día lectivo do curso, e non queríamos marchar sen compartir con vós unha última mensaxe moi especial de parte de Mateo (6º EI), Rodrigo (4º EP) e súa nai, María, para os meus principais axudantes: os mestres e mestras do equipo da biblioteca que moitos deles o vindeiro curso xa non estarán con todos nós, cun guiño moi especial para a responsable da miña casa durante os dous últimos cursos, a profe Adriana.



Moitísimas grazas unha vez máis familia, por todas as aportacións, traballos, axuda e por todo o cariño que nos ofrecestes este tempo.

Nunca o esqueceremos!

Axudantes responsables da Biblioteca

De novo, bos días a todos e a todas:

Hoxe o día está dedicado aos meus axudantes, aos alumnos e alumnas que durante este curso colaboraron con Nuno para manter en orde o noso recuncho, que axudaron aos compañeiros e compañeiras en cada unha das súas dúbidas, acompañaron na lectura e xogos aos máis peques do centro, colaboraron nos empréstitos, arranxaron libros... e fixeron moitas outras cousas máis.

Todos e todas elas, dende principio de curso renunciaron ao seu tempo de lecer durante os recreos de forma semanal para facer que a nosa biblio funcionara para os seus compañeiros. Así que hoxe toca darvos as 


GRAZAS!
Todos os cursos realizamos unha festa de despedida e agradecemento, que por infortunio este curso non poderemos facer. 

Sen embargo Nuno e todos os membros do equipo de biblioteca pensamos que hoxe sería un bo día para que todos os que visitan o noso blog, coñeceran aos verdadeiros responsables de que todo marche ben na biblioteca do cole, e de paso, aproveitar para recoñecer o voso valioso traballo durante todos os pasados meses dende setembro.


Ademais, como non pode ser doutra forma, gustaríanos entregarvos (aínda que sexa dixitalmente) os vosos diplomas pola vosa gran labor na biblioteca, así como un pequeno agasallo que poderedes recoller cando pasedes polo cole a recoller as vosas pertenzas o día que as vosas titoras vos indique.





















Unha vez máis, agradecervos infinitamente a vosa extraordinaria labor. Contamos con moitos de vós o curso que ven, e aos que pasades ao instituto confiamos en vós para que sigades compartindo os vosos coñecementos e axuda na biblioteca do voso novo centro, que serán moi afortunados de poder contar con vós.

 Sodes uns magníficos bibliotecari@s!

MOITAS GRAZAS!

Recomendación Lectora

Hoxe compartimos con vós unha recomendación lectora da man de María, a nai de Mateo, de 6º de infantil, e Rodrigo, de 4º de primaria.

Trátase do libro Seis sombreros para pensar del autor Edwar de Bono, o cal mostra unha metodoloxía para a toma de decisións e discusións en grupo que  intenta simular o que ocorre na mente humana adoptando o símil dun sombreiro. 

Cada un dos seis sombreiros é dunha cor diferente, o que simboliza as diferentes formas nas que se pode observar a realidade
Cando se teña que adoptar unha decisión, xa sexa de forma individual ou en grupo, Edward de Bono propón colocarse de forma secuencial un sombreiro de cada cor na cabeza e expresar unha opinión sobre o tema tratado. A única restricción que existe é que esa opinión ten que seguir as reglas asociadas a cada cor.
Sombreiro azul: é o que controla ao resto de sombreiros; controla os tempos e a orde dos mesmos.
Sombreiro branco: para pensar de forma máis obxectiva e neutral posible.
Sombreiro vermello: para expresar os nosos sentimientos, sen necesidade de xustificalos.
Sombreiro negro: para ser críticos de forma negativa e pensar por que algo non podería saír ben.
Sombreiro amarelo: ao contrario que o sombreiro negro, con este procúrase buscar os aspectos positivos sobre un determinado aspecto.
Sombreiro verde: abre as posibilidades creativas e está íntimamente relacionado coa  idea de pensamento lateral ou diverxente.

Nesta familia xa traballaron este libro, e grazas a ela, próximamente estará tamén para vós no noso catálogo de fondos da biblioteca e poderédelo levar emprestado a partir de setembro.







Moitas grazas familia!!!!


mércores, 17 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Bo día a todos e todas!!!

Hoxe compartimos unha fermosa mensaxe de agradecemento, pero tamén de despedida e de bos desexos  para todas as mestras e mestres do noso cole de parte de Andrea de 4º de primaria.







E tes moita razón, tod@s @s profes do cole tamén levarémosche sempre no noso corazón.

Moitísimas grazas Andre e que pases moi feliz verán, telo ben merecido!!!

martes, 16 de xuño de 2020

Mensaxes especiais

Seguimos no tempo de despedidas e, por tanto, de mensaxes moi especiais para unha profe moi especial.

Hoxe, esta mensaxe vai dedicada á profe Laura con todo o agarimo e amor do seu alumno Mateo que, aínda na distancia, quere estar preto dela para agradecerlle todo o que viviron e aprenderon xuntos.



Precioso Mateo!

Tod@s nós tamén a levaremos no corazón!


Revista escolar 2019/2020



Como cada fin de curso, aínda que este fose dun xeito diferente, non queremos irnos sen antes deixarvos un pouquiño do traballo realizado por todos os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe A Cristina.

Así, a través da “Revista Braña 2019/2020” ,elaborada por Tania, a nosa coordinadora do EDLG, co magnífico traballo de todos os titores e titoras do centro,  poderedes ver algunhas das actividades que se realizaron nos diferentes cursos.



 É importante indicar, que pese a toda a situación derivada do Covid-19, conseguimos recoller grandes momentos vividos ao longo do curso (algúns dos cales a través de actividades realizadas durante o confinamento), onde cada neno e nena puxo o seu gran de area para dar como resultado unha gran revista escolar para compartir con todos vós. Moitas grazas!


Sen máis, agradecervos o voso esforzo e traballo durante todo este curso e máis durante estes últimos meses.

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder á revista. 
Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito recordando cada un dos momentos vividos.


Revista As Brañas 2019 2020





Ademais, quero aproveitar a ocasión para agradecer e felicitar aos distintos mestres e mestras que conforman o Equipo de Dinamización da Língua Galega,  así como o equipo de Extraescolares, Convivencia, Tic´s e, especialmente, o equipo de Biblioteca polo seu esforzo, aportacións e traballo realizado durante todo o curso.