luns, 30 de novembro de 2020

EXPERIMENTOS: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Vaia científicos e científicas hai neste cole!

Unha vez máis temos que agradecer a gran acollida que teñen as propostas de Nuno. Estamos tan felices e emocionados de ver como a pesar da situación que estamos a vivir podemos seguir colaborando xuntos aínda que sexa na distancia.

Compartimos todos os experimentos que nos chegaron. Son xeniais!!!!! Ademais seguro que os nenos e nenas aprenderon moito con esta experiencia e as vosas achegas van permitir que se siga experimentando nas casas, intentado realizar os diferentes experimentos que compartistes. 

 Paula 2ºEP

 

Jimena 5ºEI

 

Carmen 3º EP

 

 Rodrigo (5ºA) e Mateo (1ºEP)

 

Valentina (2ºEP) e Lorenzo (5ºEI)

 

Noa Otero 1º EP

 


Mario 5ªB

 


 
 
Martín 4º EI
 
 
 
Nayra 5ºEI

 
 
Xiana 4ºEI

 
 
Aroa 4ºEI

 

Iago 4ºEI

 

Yannick 4ºEI

 

Manuel 5ºA EP

 

Joel 3º EP

 

Nico 1ºEP e o seu pai Sebas

 

Enzo 4ºEI

 

Lucía 4ºEI e o seu pai Martín

 

Iago 5º EI

 

Lucía (5ºA EP) e Marta (6ºEI)

 
 
Andrea 6ºA
style="text-align: center;">
Diego 5ºA EP

Rodrigo 2ºEP
 

Hugo Martínez 4ºEI
 
Moitas grazas familias, xa estamos a preparar a próxima, porque para nós é moi importante contar con vós!!!!

domingo, 29 de novembro de 2020

COLABORADORES DA BIBLIOTECA



Todos os cursos Nuno conta con varios colaboradores que lle axudan ao bo funcionamento da biblioteca. Este ano tamén contaremos con axudantes, aínda que con algún cambio.

Habitualmente son os alumnos e alumnas máis maiores os que axudan na biblioteca, e ainda que este curso serán os que teñan máis misións no recuncho de Nuno, xa dende os primeiros cursos hai nenos e nenas que colaboran na biblioteca de aula: fan rexistro de préstamos e devolucións, mantéñena ordenada...


AULA DE PRIMEIRO


AULA DE SEGUNDO

                         

                                                                   AULA DE TERCEIRO

                                     

    AULA DE CUARTO



AULA DE 5ºA


AULA DE 5º B


AULA DE 6º A


AULA DE 6º B



A pesar de todas as adaptacións que hai que facer este curso é moi importante seguir contando con alumnado que se implique tanto na biblioteca. Pouco a pouco iremos contando que novos retos teñen os axudantes máis maiores.

venres, 27 de novembro de 2020

NOVOS LIBROS!


Entre tantas actividades e tantas conmemoracións deste mes de novembro, temos que anunciar que un novo lote de libros chegou á biblioteca.



Os exemplares novos son:

- Versos para Musas

- A escaleira

- A nena que abrazaba as árbores

- Aleida. II Cruzada

- Baixo terra

- Na ribeira

- Dúas moedas

- Esca

- Camiño Francés

- Nana para un soldado

- Pippi mediaslongas nos mares do sur

- Era dúas veces o Barón Lamberto

xoves, 26 de novembro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Nuno xa recompilou libros e películas de todos os países que quere visitar e xa están nas mochilas viaxeiras preparadas para saír para as vosas casas. 

Esta temporada na que é tan complicado viaxar fisicamente podemos transportarnos aos diferentes lugares aos que nos levan os libros. Podemos coñecer as curiosidades dos seus monumentos, un pouco de historia, aprender cos mapas...

Tamén inclúe un Caderno de Bitácora, é dicir, un libro en branco para que cada vez que a mochila visite un fogar traia unha nova historia. Tedes todas as instrución na mochila.

MOCHILAS DE INFANTIL

As mochilas de infantil tamén inclúen libros sobre os seus proxectos.


MOCHILAS DE 1º E 2º

MOCHILAS DE 3º E 4º

MOCHILAS DE 5º


MOCHILAS DE 6º


Esperamos que desfrutedes da viaxe familias!



mércores, 25 de novembro de 2020

ACTIVIDADES 25 - N

 

Hoxe día 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

No colexio ao longo desta semana e a anterior estivemos realizando actividades para tomar conciencia e denunciar esta lacra social.

As alumnas e alumnos de educación infantil estiveron lendo o conto de Arturo e Clementina. No seguinte vídeo poderedes ver as valoracións e conclusións que sacaron. Fixeron un traballo estupendo!!!!




 Pola súa parte, o alumnado de educación primaria estivo investigando sobre a situación da muller en distintos países do mundo. Estes países son os elixidos para traballar ao longo deste curso escolar dentro do noso proxecto anual "A Volta ao mundo con Nuno". Como poderedes ver no seguinte vídeo, a situación segue sendo moi preocupante e desoladora.


Ademais destas actividades propostas polo equipo de convivencia fixéronse outros traballos para concienciar sobre a violencia de xénero, achégase unha pequena mostra:





Dende aquí TODOS E TODAS UNIDOS queremos dicir: 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!

 






martes, 24 de novembro de 2020

ACTIVIDADES DÍA DA INFANCIA


 Hoxe queremos compartir as produccións do día da infancia.

Na publicación do día 20 xa poidéchedes ver a lectura manifesto do alumnado de quinto, coa axuda do equipo TICs do cole.

Na mesma publicación tamén se compartía a fantástica producción do alumnado de infantil que pensaron o que querían debuxar co lápiz máxico do que falaba Malala no seu conto. Entorno a este conto xiraron as actividades das demais clases:


                



                      





A clase de segundo animouse con un baile, pinchade no enlace para ver o ben que o fan.

JERUSALEMA CHALLANGE

#BibliotecasSTOPViolencia

 

O día 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A non-violencia trabállase a diario no colexio, pero este día imos falar máis concretamente da violencia de xénero para concenciar a todo o alumnado desta problemática. 
E aproveitando que Nuno anda de viaxe imos investigar sobre a Violencia de Xénero nos diferentes países que visita para facernos unha idea de como está a situación arredor do mundo. Nuns días amosarase no blog o resultado desta investigación.


venres, 20 de novembro de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

Hoxe venres 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. Ao longo desta semana,como xa vos contamos, nas distintas aulas estívose levando a cabo actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas. 

No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra do que aprenderon e reclaman os nenos e nenas de educación infantil. 



Este día sérvenos para concienciarnos e concienciar á sociedade sobre a importancia de seguir esixindo que se cumpran os dereitos dos nenos e nenas en todas as partes do mundo.

O alumnado de 5º de Educación Primaria colaborou para realizar este GENALLY onde se enumeran un resumo dos dereitos dos nenos e nenas. Serve de lectura-manifesto para dar a coñecer e reclamar que se respecten. Utilizamos un cartel de UNICEF e pulsando no "play" (debaixo de cada dereito) poderedes escoitar cada un deses dereitos de obrigado cumprimento. 

xoves, 19 de novembro de 2020

NOVA VIAXE

 

                         

Atopáchedes a diferenza?

Si, nenos e nenas, Nuno volve a viaxar. Despois da expedición Balmis, Nuno volve a coller a maleta para facer unha nova viaxe.



Será a Volta ao Mundo en 80 días como dicía Julio Verne? NOOON vai durar todo o curso! Pero si que percorrerá algúns dos países que visitou Phileas Fogg, e icluso algún máis. A volta ao mundo neste fantástico libro comeza no Reino Unido, país que coñecerá un pouco mellor a aula de segundo. Despois Phileas Fogg vai a Francia da man de primeiro. Pasaremos por Exipto con 5º e xa que estamos en África daremos unha volta por Sudáfrica con 4º de infantil. A seguinte parada é a India cos sextos. Os de infantil máis maiores volvéronse orientais, 5º visitará China e 6º Xapón. E non nos ía quedar o continente Americano sen visitar, 3º e 4º daranlle ritmo con Brasil.

Imos aló!




martes, 17 de novembro de 2020

DEREITOS DA INFANCIA

 Dentro duns días, o venres día 20 é o día dos dereitos da infancia, conmemórase este día pois o 20 de novembro de 1989 acordouse o Convención sobre os Dereitos da Infancia,  tras debater durante os dez anos previos, entre gobernos, líderes no eido da relixión , ONG, e outras organizacións. En 1990 pasou a converterse en lei, asinándose por 20 países entre os que se atopaba España, onde entrou en vigor o 5 de xaneiro de 1991.

Estes dereitos son:

1. Dereito á vida    2. Dereito á saúde    3. Dereito á protección     4. Dereito á educación

5. Dereito á identidade      6. Dereito á información de calidade      7. Dereito ao ocio

8. Dereito á liberdadae de expresión e opinión 9. Dereito á intimidade   10. Dereito a asociarse


Esta semana imos ler un conto para traballar nas aulas estes dereitos tan importantes!



Seguro que con Malala aprendemos un montón!

domingo, 15 de novembro de 2020

PRENSA NO COLE

 Novembro está cheo de acontecementos, non só ciencia. Dentro de pouco, o día 20, celébrase o Día dos dereitos da infancia. A convención sobre os Dereitos da infancia recoñece no seu artigo número 17 o dereito de acceso á información e material procedentes de diversas fontes nacionais e internacionais que teñen nenos, nenas e adolescentes.

Recibimos grande parte desta información a través dos medios de comunicación, a tele, a radio, internet... dende o cole queremos fomentar a prensa escrita, por iso todos os mércores no momento de ler os máis maiores teñen xornal.






É importante tamén, achegarse á información dunha maneira crítica. Actualmente recibimos noticias constantemente, sobretodo dende o inicio da pandemia,  e tamén se incrementou a difusión de noticias falsas, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. 
Loitemos coa maior arma contra a desinfodemia: A EDUCACIÓN.




xoves, 12 de novembro de 2020

MÁIS CIENCIA!

     Para este mes tan científico Nuno buscou libros sobre bacterias, o corpo humano, microbios... en resumo: libros de ciencias. Esta selección é para os máis maiores do cole e os libros xa están nas biblios de 3º, 4º, 5º e 6º.




Ademais de investigar con estes libros, Nuno propón, para TODO O ALUMNADO que experimente na súa casa (enviarase información de como facelo) e o comparta con todos.

QUEN SE ANIMA?

martes, 10 de novembro de 2020

ISABEL ZENDAL E A EXPEDICIÓN BALMIS

Xa non podemos esperar máis para anunciavos a viaxe que imos comezar! 

Imos investigar e aprender sobre unha expedición que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 ata 1806. É a Real Expedición Filantrópica da Vacina ou Expedición Balmis.O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español (AméricaFilipinas e outras illas do Pacífico)
Imos viaxar, pois o tema elixido para as bibliotecas escolares, como xa vos anunciara é: XEOGRAFÍAS LECTORAS.
Imos falar de ciencia, pois este é o seu mes, máis concretamente de vacinas (non podía ser un tema máis actual!)
Imos falar de Isabel Zendal, unha enfermeira que formou parte desta expedición, xa en 1803 as enfermeiras axudaron a salvar moitas vidas.
E unha vez que comecemos a viaxe seguro que aparecen moitas máis aventuras que investigar, aventuras que recolleremos neste blog!
Aproveito para anunciar que hai un libro novo na biblio, moi relacionado con este tema: NOVO MUNDO. Isabel Zendal na Expedición da Vacina





Aquí tedes uns vídeos que vos poden axudar a adentrarvos na expedición:





Para os máis pequenos a explicación vén da man dos Lunnis:



MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA


Xa estamos en novembro, un mes cheo de acontecementos. O primeiro que vou anunciar é que é o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 
Comezamos cun feitizo, o feitizo da ciencia da man de Xurxo Mariño, un texto escollido a modo de Manifesto.






Tedes que estar moi atentos e atentas ao blog porque estamos preparando moitas máis cousas para este mes... só vos adianto que estamos programando unha viaxe moi científica!
 

martes, 3 de novembro de 2020

Libros novos!

         Xa están na biblioteca novos libros para todos os cursos!



Estas novas incorporacións ao recuncho de Nuno son:
  • Me defiendo del sexismo
  • ¡He vencido al bulling! 
  • Cuéntamelo todo
  • Indómita e a semente da inmortalidade
  • Alén. A arte de explorar
  • Lota la cachalota
  • Que es en realidad el fascismo
  • Microbios monstruosos
  • El mundo dijo sí
  • No chupes este libro
  • ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?
  • Las elecciones de los animales
  • Migrantes
  • Las mil y una formas de la naturaleza
  • El gran libro de las aves
  • El gran libro del mar
  • Tu importas
  • Las dos Fridas
  • Mi vida de abeja
  • Calvin ten cuidado
  • Un mar de plásticos