mércores, 28 de abril de 2021

OBRADOIRO DE RADIO

O pasado 23 de abril o alumnado de 5º e algunhas profes tivemos a sorte de asistir ao obradoiro de iniciación á radio escolar "Falamos", da man de PONTE NAS ONDAS. 

Con Xerardo, un mestre con moita experiencia en radio escolar, aprendemos a gravar e editar o son con Audacity. Damián Alonso, actor de teatro e dobraxe, ensinounos técnica vocal e lectura interpretativa para sacar o maior partido das nosas voces. 


As últimas horas da mañá dedicámolas a coñecer a montaxe dunha emisora e o traballo dos técnicos de son. Tamén inciámonos na preparación dun guión radiofónico coa elaboración dun programa en directo. 

Grazas por ensinarnos tanto.






E aproveitando esta publicación sobre a radio, queremos anunciar que xa temos nome!
A proposta gañadora foi...

RADIO CRISTINUNA!

venres, 23 de abril de 2021

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Durante a "semana do libro" a semana previa ao 23 de abril, varias familias do alumnado de infantil viñeron ao centro para achegarlle aos máis pequenos grandes aventuras!
Foi estupendo poder abrir as portas do cole ás familias e desfrutar destas lecturas ao aire libre. 
Moitas grazas!

Compartimos algunhas fotos destas lecturas:

4º EI: 
Nai de Alex Carnero


Nai de Óliver

Nai de Celia


Pai de Aroa


Nai de Lucía Castiñeiras




5º EI:
Nai de Leo

Nai de Emma


Nai de Fabiola



Nai de Alba


Nai de Lorenzo





6º EI:
Pai de Nerea


Nai de María

Nai de Marta

Nai de Mael

Nai de Edu


 

CREACCIÓN DÍA DO LIBRO 2021

Este curso encamiñamos a nosa acción creativa do Día do Libro á conmemoración do 60 aniversario de Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas. Cada clase de Primaria traballou un capítulo do libro que leu e ilustrou. Os pequenos e pequenas de Ed. Infantil colorearon e traballaron grafismos sobre as ilustracións orixinais de Isaac Días Pardo. Todas estas ilustracións expuxémolas nos corredores. 












 

Ademais na Hora de ler aproveitamos o bo tempo para facer unha lectura ao aire libre e todo o alumnado de EP saíu ao patio. 



Alégranos poder compartir estas fotos tan bonitas dos nenos enchendo os patios, xa que fai un ano a celebración deste día tivo que ser moi diferente. Compartir imaxes dos libros, compartir os pequenos detalles da lectura, ler todos xuntos é o que fai que as crianzas gocen da lectura, e esta é a mellor maneira de fomentala.







Feliz día do libro!





xoves, 22 de abril de 2021

III CONCURSO DE PODCASTS - RADIO NA BIBLIO

O 17 de marzo convocouse o  III Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa Radio Galega. Nesta ocasión é unha proposta vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta, editora, tradutora e profesora Xela Arias.

 Animáronse a participar no concurso as clases de 3º de educación primaria, 6º A e 6º B. Mostramos unhas fotas da preparación destes podcasts:




Moita sorte no concurso!




MEMORIAS DUN NENO LABREGO

 Con motivo da celebración do día do libro propuxemos para todo o cole traballar a obra de Xosé Neira Vilas "Memorias dun neno labrego" da cal se celebran 60 anos da súa publicación. O alumnado de 6º xa coñecía un pouco este libro e realizaron un resumo para contarlle ao alumnado de infantil. Este curso o "apadriñamento lector" non poido ser dentro das aulas, polo que gravaron un vídeo para poder proxectar nas aulas. Aquí tedes o resultado:


Ademais, de coñecer a Balbino achegámonos aos debuxos de Isaac Díaz Pardo, que ilustrou varios capítulos do libro, e nalgunhas edicións tamén atopamos un debuxo del na portada. Inspirándose na historia deste neno labrego e nas ilustracións, cada aula escolleu un capítulo e plasmou nun mural os seus debuxos.

Mañá, día do libro, mostraremos todo o que fixemos ao longo desta semana!

mércores, 21 de abril de 2021

MOBLES NOVOS II

 

Como podedes ver abrimos as caixas cos mobles que mostrábamos a semana pasada, comeza o cambio cara unha biblio máis versátil!
Estivemos preparando as estanterías e pensando unha nova distribución dos libros nos novos andeis, ainda queda moito por facer, pero con este equipo de biblioteca e colaboradoras pronto se verán os resultados.


martes, 13 de abril de 2021

MOBLES NOVOS

 Ao longo do curso fixemos varias publicación mostrando as novas adquisicións de libros, desta vez tocan mobles. Buscamos mobiliario que nos permita adaptar o espazo da biblioteca ás diferentes actividades que se poden levar aquí: visitas de escritores, contacontos... actividade que esperamos volver a realizar, xa que polas circunstancias da pandemia tivemos que adaptar.  Nos paquetes que se ven na foto temos mesas e estanterías con rodas. Isto permitiranos recoller as mesas e mover os mobles, creando así unha biblioteca máis dinámica.



Cando teñamos todo listo mostrarémosvos o resultado!