Como cada curso, compartimos con vós esta guía de lecturas recomendadas para que non se vos esqueza pedir un libro como agasallo aos Reis ou Papa Noel. Complementamos o tríptico que recibichedes no sobre das notas con este Genially que fixo Nuno para vós:
luns, 20 de decembro de 2021
domingo, 19 de decembro de 2021
MERCADILLO SOLIDARIO....... MARCHANDO!!
Nada mellor que unha imaxe que reflicta esta actividade solidaria nestas datas tan entrañables.
Aquí deixamos fotos do noso alumnado entregando os alimentos e desfrutando do pracer de escoller un libro.
Estamos moi content@s de poder contribuír nesta campaña !!
Alumnado 1º EP |
4º Infantil |
5º Primaria |
3º Primaria |
3º Primaria |
6º Infantil |
6º Infantil |
martes, 14 de decembro de 2021
Campaña "UN LIBRO, UN ALIMENTO"
Que mellor ocasión que o Nadal para amosar a nosa solidariedade! Así, poñemos en marcha esta campaña onde o alumnado que traia un alimento non perecedeiro, poda levar un libro de segunda man. Non se trata de volumes de novidade nin en perfecto estado. Trátase dunha actividade na que podemos axudar deste xeito simbólico aos máis necesitados. Por iso agradecemos,como sempre, a vosa colaboración!
Xa temos "o quiosco" preparado!
xoves, 9 de decembro de 2021
Fedellando na Biblio!!
Intentamos ter ao noso alumnado desfrutando de actividades relacionadas ca Biblioteca.
E aquí están, fachendos@s, exhibindo os novos carnés de axudantes da biblio.
Por outra banda, como continuidade ao Mes da Ciencia, presentamos aos nosos e nosas Einstein comprobando que o aire existe.
Como espectadora de excepción, unha miñoca que non quixo perderse o experimento ! |
xoves, 2 de decembro de 2021
DÍA Internacional das Persoas con DISCAPACIDADE
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade queremos facer nosa esa reflexión e pensar en como as bibliotecas escolares galegas deben ser espazos nos que o alumnado atope o seu sitio para traballar en proxectos comúns, espazos que integren a todas e todos, espazos que sexan auténticos viveiros de cidadanía.
Queda moito por facer, pero a inclusión e a diversidade é unha realidade nas nosas bibliotecas que chegou para quedarse.
Queremos compartir co noso alumnado, esta selección de lecturas para a Conmemoración.