Ola lectores e lectoras,
Nuno e Nuna deséxanvos que pasedes un gran Días das Letras Galegas
Co gaio de conmemorar o Salón do Libro de Pontevedra, co lema para este ano
"Libros para xogar"
a biblioteca Rego da Balsa, convidounos a participar na exposición de traballo relacionados co xogo.
Nós levamos todo o atrezzo relacionado co Entroido, xa que o noso tema foi "Os cociñeiros xogan na Cristina", os carteis dos vídeos dos Xogos tradicionais da nosa visita ao Museo Melga e obradoiros de escrita, todo elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria.
E para entender un pouco mellor que é iso de Europa e a nosa relación con ese continente, propoñemos dous libros moi sinxelos que nos van axudar.
Ola lectores e lectoras,
Nesta ocasión podedes ver os marabillosos xogos con contos que desfrutaron na aula de 4 anos.
A partir de contos que xa coñecen, traballaron a conciencia fonolóxica e a memoria, relacionando palabras significativas do conto coa súa portada e cos personaxes ou accións dos mesmos.