Un curso máis, o Equipo da Biblioteca, formou parte da formación impartida en Santiago.
Foi unha xornada moi completa que recolleu un amplo abano de temas:
-As Bedetecas como fondos imprescindibles.
-Experiencias doutros centros
-Obradoiro de Intelixencia Artificial
-A Banda deseñada
-As redes sociais
-A desinformación e as fake news
O lema deste ano, "A biblioteca Escolar en viñetas" tivo una representación especial, ata o punto de ilustrar cada conferencia cun deseño debuxado a tempo real, por suposto en clave de viñeta.
Estes foron os libros recomendados por autores, ilustradores e libreiros que sitúan ao cómic no posto que merece:
A lectura do cómic ofrece moitas posibilidades como:
- dar alternativas á realidade imaxinando e creando novas realidades.
-o poder de encher os espazos baleiros de texto nas imaxes.
-unha imaxe fixa, crea na mente unha sucesión de movementos e secuencias narrativas do antes e do despois.
- a importancia que se lle concede á palabra escrita dun xeito manual, e de aí a interiorización da escrita para o alumnado.
-a sabedoría da concreción, escribindo con moi pouca secuencia de palabras unha mensaxe significativa.
- a infinidade de temas a traballar: aventura, historia, ciencia, valores, sociedade....