venres, 23 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA
No día grande da nosa heroína, Rosalía, seguindo coas recomendacións para este ano, da Asociación escritores e escritoras en lingua galega, a nosa homenaxe foi o recitado do emblemático poema, Adiós ríos, Adiós fontes.
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria, deleitáronnos coa súa interpretación na radio, que podedes escoitar premendo sobre a fotografía. Desfrutade!
xoves, 22 de febreiro de 2024
CLUBE DE LECTURA "LUME"
LUME!!!
CLUBE DE LECTURA
Este ano iniciamos a andaina da creación dun clube de lectura na biblioteca.
Estamos súper ilusionados, porque ademais de ser novidade para o centro, gozamos da experiencia de compartir a actividade con alumnado de outro centro, o Ceip Fogar.
Estamos a traballar o poemario a "Na fogueira dos versos".
As fotografías amosan como desfrutan!
luns, 19 de febreiro de 2024
DÍA MUNDIAL DA RADIO- PODCAST "O XESTAL"
Para conmemorar esta efeméride, o día 13 de febreiro, dicidimos facer unha homenaxe a unha figura emblemática para a nosa bisbarra: Carlos "O Xestal", coñecido por ser un humorista, música e activista galego, cuxa popularidade púxose de relevo coa súa narración de contos e historias con trazas reinvindicativas contra o caciquismo.
Esta figura forma parte do noso patrimonio cultural, e polo tanto , quixemos deixar a nosa pegada contribuíndo a súa difusión nas novas xeneracións para as que no é tan coñecido.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, elaborou un podcast sobre a súa biografía e traxectoria artística, que remata coa escenificación dun dos seus populares contos.
A que apetece escoitalo? Veña, premendo na foto das nosas grandes figuras das ondas hertzianas, podedes desfrutalo!