venres, 17 de abril de 2020

Eu quedo na casa/ Eu aprendo na casa

Bos días a todos e todas:

Xa son moitos días encerrados na casiña así que hai que seguir buscando opcións para estar activos e divertirnos á  vez, pero sen deixar de aprender e repasar o aprendido, verdade???

Isto mesmo pensaron na casa de Mateo, de 6º infantil e Rodrigo, de 4º primaria. É importante seguir aprendendo pero sempre é moito mellor de forma lúdica. 

Así que onte elaboraron un abecedario moi orixinal empregando materiais de refugallo que seguro que vós tamén tedes na casa. Así ademais de lembrar as letras, practícase a súa grafía e a correspondencia de letras maiúsculas e minúsculas. Chulísimo verdade??








E despois de traballar, ainda que sexa xogando....toca divertirse!!!!! Así que crearon un divertido xogo que todos coñecedes. 

Un Pinball caseiro!






Mirade que ben o pasan con él!!!






Que idea tan xenial!!!!! Mil grazas por compartilo con nós!

2 comentarios:

  1. ohhh!!!encantounos ese pin-ball mociños. Creo que imos copiar a idea para xogar na nosa casa!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois mans a obra!!!
    Patricia-Jimena-Rober

    ResponderEliminar