venres, 25 de novembro de 2016

Contra a Violencia de Xénero







Deixámosvos unha selección de contos para traballar cos nenos e nenas.


            

                   


LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




A partir do traballado con estes contos fixemos as seguintes actividades:

En Educación Infantil desfrutamos dun conta contos moi especial coa "señora Maruxa" (a profe Natalia disfrazada).








1º e 2º E.P.



3º E.P.


4º E.P.




5º E.P.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén durante esta semana os nenos e nenas de 6º E.P. realizaron as lecturas destes libros nas diferentes clases.

DANIEL e KATIA léronlles aos nenos e nenas de 5 anos.


NANA E KATIA léronlles los nenos e nenas de 1º E.P. e 2º E.P.




ALBA.P e AITANA léronlles aos nenos e nenas de 2º E.P.





ALEJANDRA e NOELIA léronlles aos nenos e nenas de 3º E.P.

XURXO e CLAUDIA  léronlles aos nenos e nenas de 5º E.P.






"Me opongo a la violencia porque cuando aparece para hacer bien, el bien solo es temporal; el mal que hace es permanente."

-Mahatma Gandhi-





xoves, 10 de novembro de 2016

Formación de usuarios 2016

Durante o primero trimestre estamos realizando actividades de formación de usuarios.

Os primeros en recibir esta formación en setembro son os RESPONSABLES de biblioteca (nenos e nenas de 6º de E.P) que, voluntariamente,  queren axudar no tempo de recreo a:

- Realizar os préstamos no programa informático Meiga.
- Colocar os fondos correspondentes no seu sitio.
- Axudar a que a biblioteca funcione correctamente e se respecten as súas normas.
...

Visualizamos primeiro con eles un PPT onde lle explicamos as súas funcións e as normas que deben respectar e cumplir.


E tamén lles entregamos unha guía de colaboradores.


Aquí vedes  un dos nosos colaboradores traballando coas devolucións e empréstitos.


Pero non só é importante ensinar aos nenos e nenas responsables da biblioteca, senón que formamos (coa colaboración dos titores e titoras) ao resto do alumnado do centro.

Ademáis de recordarlles as normas lles explicamos:
-Como se organiza a biblioteca.
-Que é a CDU.
- As partes dun libro e as súas etiquetas.
...
* Por suposto dependendo do curso. 

O alumnado de 4º de E.I. fixo unha visita á biblioteca, presentámoslles á nosa mascota NUNO, falamos do que nos podemos atopar alí, do que se pode e non se pode facer...

Por suposto, desfrutamos da lectura dun conto.

E como premio por portarse tan ben, deixámoslles escoller un conto a cada un para levar á súa clase.




Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I, xa coñecen algo mellor a biblioteca, pero é moi importante recordar con eles as normas.
Como xa son algo máis maiores, plasmaron nun traballo que cousas podemos facer nunca biblioteca e cales non.













O nenos e nenas de 2º E.P. xa realizaron un traballo máis complicado (ademáis de lembrar normas, que nunca está de máis). Coñeceron as distintas partes dun libro, as etiquetas e por que aparecen eses números e letras.





 A modo de exemplo...



 Os nenos e nenas de 3º E.P. 

Visitaron a biblioteca e tamén lles explicamos as etiquetas, que son e para que. Xa traballaron con diferentes libros.

A modo de exemplo:






  Os nenos e nenas de 4º E.P. 

 Tuveron que buscar, por equipos,  información na zona de consulta. Diferenciando os varios apartados nos que se subdivide esta parte da biblioteca.






 Os nenos e nenas de 5º E.P. 

Como xa están máis adaptados, tiñan que averiguar en que zona necesitaban consultar dependendo da información que precisaban buscar.





 Parabéns a tod@s!!



mércores, 2 de novembro de 2016

EmocionArte na Cristina!

Como xa vos dixemos, este curso investigaremos as emocións a través da arte.

No mes de outubro falamos  do MEDO .  
Co traballo dos seres mitolóxicos  do ENDL máis a colaboración do equipo de Biblioteca, propuxemos que cada neno/a expresase o medo a través do debuxo  destes seres (de forma libre e creativa) a partir da lectura da súa descrición.



Estes foron os resultados:

AS LAVANDEIRAS





A MARUXAINA



O TARDO

       

O GATIPEDRO