Durante o primero trimestre estamos realizando actividades de formación de usuarios.
Os primeros en recibir esta formación en setembro son os RESPONSABLES de biblioteca (nenos e nenas de 6º de E.P) que, voluntariamente, queren axudar no tempo de recreo a:
- Realizar os préstamos no programa informático Meiga.
- Colocar os fondos correspondentes no seu sitio.
- Axudar a que a biblioteca funcione correctamente e se respecten as súas normas.
...
Visualizamos primeiro con eles un PPT onde lle explicamos as súas funcións e as normas que deben respectar e cumplir.
E tamén lles entregamos unha guía de colaboradores.
Aquí vedes un dos nosos colaboradores traballando coas devolucións e empréstitos.
Pero non só é importante ensinar aos nenos e nenas responsables da biblioteca, senón que formamos (coa colaboración dos titores e titoras) ao resto do alumnado do centro.
Ademáis de recordarlles as normas lles explicamos:
-Como se organiza a biblioteca.
-Que é a CDU.
- As partes dun libro e as súas etiquetas.
...
* Por suposto dependendo do curso.
O alumnado de 4º de E.I. fixo unha visita á biblioteca, presentámoslles á nosa mascota NUNO, falamos do que nos podemos atopar alí, do que se pode e non se pode facer...
Por suposto, desfrutamos da lectura dun conto.
E como premio por portarse tan ben, deixámoslles escoller un conto a cada un para levar á súa clase.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I, xa coñecen algo mellor a biblioteca, pero é moi importante recordar con eles as normas.
Como xa son algo máis maiores, plasmaron nun traballo que cousas podemos facer nunca biblioteca e cales non.
O nenos e nenas de 2º E.P. xa realizaron un traballo máis complicado (ademáis de lembrar normas, que nunca está de máis). Coñeceron as distintas partes dun libro, as etiquetas e por que aparecen eses números e letras.
A modo de exemplo...
Os nenos e nenas de 3º E.P.
Visitaron a biblioteca e tamén lles explicamos as etiquetas, que son e para que. Xa traballaron con diferentes libros.
A modo de exemplo:
Os nenos e nenas de 4º E.P.
Os nenos e nenas de 5º E.P.
Como xa están máis adaptados, tiñan que averiguar en que zona necesitaban consultar dependendo da información que precisaban buscar.
Parabéns a tod@s!!
Parabens Polo traballo que se está a facer na biblioteca.
ResponderEliminarMoitas grazas Diana!
ResponderEliminar