martes, 24 de abril de 2018

A vida é o conto máis marabilloso!!

O 23 de Abril conmemoramos unha data moi especial para todXs:
O Día Internacional do Libro.
Para celebrar este día, como sabedes, pedimos a colaboración das familias.
O alumnado debía investigar cales foron os contos/libros favoritos de papá/mamá.
Algúns son libros de toda unha vida!
Moitas grazas pola vosa colaboración!



-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Elaboramos unhas plantillas especiais de ESCORNABOT para traballar, por medio de adiviñas, autoras da literatura infantil e xuvenil, tanto galegas como españolas e internacionais. Escollemos solo autoras co motivo do noso proxecto "As mulleres contan".



----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

POR SUPOSTO, TAMÉN REALIZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR. MIRADE!









----------------------------------------------------------------------------------------------------

Tivemos tamén RECREOS LITERARIOS, actividade  na que os libros e contos saíron da biblioteca para ocupar os patios e o tempo de lecer.








--------------------------------------------------------------------------------------------------------


E desfrutamos da hora de ler amenizada polos distintos cursos cada día da semana.
Os lectores e lectoras foron desde 1º de E.P.  ata 6 de E.P.










venres, 20 de abril de 2018

Mochilas viaxeiras 2018

Comezan a chegar de volta á escola as nosas súper mochilas viaxeiras!!


 MOCHILAS DE 6º DE E.I.



MOCHILAS DE 1º E.P.
<





AS DO ALUMNADO DE 5º DE E.P.




AS DO ALUMNADO DE 6º DE E.P.


 Moitas grazas! Menudo traballo!

venres, 6 de abril de 2018

VISITAS ESPECIAIS

O mércores 5 de Abril convidamos no centro a Iago López para realizar un contacontos sobre os libros que estuveron lendo no 1º ciclo de Educación Primaria:

- Axente Riciños.
-Eu canto, ti cantas.


O luns día 9 de Abril convidamos tamén a autora Ana Alonso para falarnos das súas obras:

- "El país de los cuentos": co que traballaron os nenos e nenas do 2º ciclo de E.P.

- "Marea negra": co que traballou o alumnado de 3º ciclo de E.P.




Pasámolo xenial!
Moitas grazas!

luns, 2 de abril de 2018

Día internacional do Libro Infantil


                   

"Os libros fan grande o máis pequeno"



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.



Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic».



Algún dos contos máis coñecidos desde autor son, entre outros:

«O patiño feo», 


«O traxe novo do rei»,



 



 «O soldadiño de chumbo»,


 «El ruiseñor»,

 «La sirenita»,