martes, 24 de abril de 2018

A vida é o conto máis marabilloso!!

O 23 de Abril conmemoramos unha data moi especial para todXs:
O Día Internacional do Libro.
Para celebrar este día, como sabedes, pedimos a colaboración das familias.
O alumnado debía investigar cales foron os contos/libros favoritos de papá/mamá.
Algúns son libros de toda unha vida!
Moitas grazas pola vosa colaboración!



-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Elaboramos unhas plantillas especiais de ESCORNABOT para traballar, por medio de adiviñas, autoras da literatura infantil e xuvenil, tanto galegas como españolas e internacionais. Escollemos solo autoras co motivo do noso proxecto "As mulleres contan".



----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

POR SUPOSTO, TAMÉN REALIZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR. MIRADE!









----------------------------------------------------------------------------------------------------

Tivemos tamén RECREOS LITERARIOS, actividade  na que os libros e contos saíron da biblioteca para ocupar os patios e o tempo de lecer.








--------------------------------------------------------------------------------------------------------


E desfrutamos da hora de ler amenizada polos distintos cursos cada día da semana.
Os lectores e lectoras foron desde 1º de E.P.  ata 6 de E.P.










Ningún comentario:

Publicar un comentario