mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe no CEIP Plurilingüe A Cristina celebramos o Día Escolar da Non violencia e da Paz e que mellor maneira que cantando e bailando unha cantiga de Mamá Cabra, "Baile da Paz".




Ademais, algúns dos poemas pola paz que se realizaron en colaboración coas familias foron recitados polos alumnos do centro.




Outra actividade moi especial que fixemos hoxe parte do alumnado de 4º B de Educación Primaria. Os nenos desta clase realizaron un contacontos de Wangari Maathai nas aulas de Educación Infantil. Para isto, utilizaron o Kamishibai, unha forma de contar contos moi popular en Xapón.






Finalmente, para poñer o broche de ouro a este fantástico día, os nenos de Educación Infantil foron as clases de Primaria a poñer unhas vacinas máxicas, as vacinas pola paz.











Ningún comentario:

Publicar un comentario