Outra das actividades celebradas este curso para celebrar o Samaín foi a investigación doutros aspectos da nosa cultura galega, nesta ocasión os "curandeiros e curandeiras", persoas importantes na nosa comunidade dende hai moitos anos e, que aínda hoxe en día podemos escoitar falar delas.
Para iso, os alumnos e alumnas do centro, foron vendo plantas que se empregaban para tratar certas enfermidades e tamén coñecendo rituais que facían para certas doenzas estas persoas.
Velaquí vos deixamos unha mostra do seu traballo e como non, dalgunha demostración como CURANDEIROS E CURANDEIRAS.
Pinchade en cada unha das imaxes para poder ver os vídeos:
Grazas por compartir o voso traballo con nós!! 😍
ResponderEliminar