mércores, 18 de decembro de 2019

Mércores de Nadal

Hoxe foi o turno do primeiro ciclo de primaria que contaron coa visita de Patricia e Mari Carmen, nai de Luna e Sofía. 
Puideron disfrutar de dous contos característicos da época, " Conto de nadal" e "O nadal de Ernesto e Celestina" e foron agasalladas polo alumnado interpretando en directo a panxoliña "Polo Nadal".


Moitísimas grazas pola vosa visita. Agardamos que repitades pronto!


Tamén desfrutamos hoxe do festival de panxoliñas onde lles tocou a quenda ás aulas de 3º e 4º de primaria. Agardamos que vos gusten tanto como a nós.

Aula 3º EP



Aula 4º EP





Esta xornada, debido á alerta polo temporal, non puidemos seguir desfrutando do Karaoke na biblio. Agardamos poder recuperar mañá o tempo perdido.

1 comentario:

  1. Cada dia mais e mellor!!!
    Este ano o tempo pouco axuda!!!
    Crucemos os dedos para qe vos deixe disfrutar destes 2 dias qe vos qedan!!!
    Animooo😍😍

    ResponderEliminar