venres, 27 de marzo de 2020

Día Mundial do Teatro

Hoxe, 27 de marzo é o Día Mundial do Teatro.

Xa que a actividade programada polo día do teatro que ían facer os alumnos de 5º e 6º de primaria non se puido levar a cabo, queremos compartir con vós algúns contos realizados con teatro de sombras que atopamos.










Tamén compartimos dende a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia os seguintes enlaces aportados dende distintos teatros e compañías de teatro. Premede neles!

Caramuxo Teatro comparte "Na Casa", teatro para bebés con música e cancións

Tanxarina Títeres: A Galiña Azul

Biblioteca Virtual de Galicia: Videoteca de Teatro



Ademais no seguinte vídeo podedes atopar un titorial que explica como facer o voso teatro de sombras. Atrevédesvos????




Así como outros para facer títeres sinxelos con materiais que podedes atopar na casa, mirade:






Podedes compartir os vosos resultados!!!.

2 comentarios: