luns, 30 de marzo de 2020

Receitas saborosas: Pizza!

Esta fin de semana Andrea converteuse na chef da casa e elaborou unha pizza para toda a familia, deliciosa polo que puiden ver e o que me contaron....

E como non a todos lles gustaban os mesmos sabores ixo unha pizza por metades tal e como nos ensina nas seguintes imaxes.

1º Con moito coidado picou algúns dos ingredientes principais ( queixo, mozzarella, pavo...)








2º Nunha masa fresca engadiulle salsa de tomate á base e repartiu os ingredientes ao gusto dos comensais.




3º. Unha vez lista, meteuna no forno durante uns 15- 20 min aproximadamente




4º En canto a viu ben cocida retirou do forno con moito coidado e... a DEGUSTALA!



BO PROVEITO FAMILIA! 

Agardamos que sigades enviándonos receitas tan saborosas!!!


GRAZAS!

1 comentario: