mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro/ Día da Terra


Todos sabemos que os libros son capaces de transmitirnos moitos sentimentos, transportarnos a outros lugares ou épocas, levarnos a imaxinar e soñar... e, algúns, deixan unha pegada profunda en nós.

Xa temos fermosas lecturas de moitos dos nosos alumnos e alumnas que publicaremos mañán, o mesmo día da conmemoración.
Pero hoxe queremos ensinarvos dúas pequenas mostras.

 Moitos dos alumnos e alumnas de 2º de primaria, crearon con moito agarimo e ilusión, unha fermosa lectura compartida que queren compartir con todos os compañeiros, compañeiras e mestres do cole para mandarnos moito ánimo, forza e cariño!

Moitas grazas chicos, chicas e familias.



Ademáis, non só as lembranzas de persoas amigas e familiares nos chegan ao corazón, tamén o fan os lugares que teñen un significado especial para nós. 
Tal e como nos amosa Mateo de 6º infantil, conmemorando así o Día da Terra, a nosa vila, Carballo, é un deses sitios moi especiais.


Moitas grazas Mateo!





Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

2 comentarios:

  1. Que fermosa narracion de Monstruo Rosa e que fermosa musica elexiu Mateo para acompañar o seu traballo. Parabens a todos!

    ResponderEliminar