venres, 29 de maio de 2020

Eu leo na casa

As lecturas de hoxe van dedicadas aos nosos maiores do cole, con viñetas e retos que estamos seguros vos gustarán!


PREMEDE NAS IMAXES PARA ACCEDER A ELES:



xoves, 28 de maio de 2020

EU LEO NA CASA



Hoxe seguimos compartindo lecturas para grandes e pequenos, que as editoriais Grupo Anaya e Amanuta  puxeron á nosa disposición. 

Trátase de dous contos e un diario que podedes imprimir.


Premede na imaxe:
libro solidario agus


Empatía en cuarentena



Diario dunha cuarentena

mércores, 27 de maio de 2020

Eu traballo na casa

Bo día a todos e todas:

Hoxe compartimos con vós algúns dos magníficos traballos que continúan facendo dende a casa os vosos compañeiros e compañeiras.

Issei, de 4º de primaria, é un gran artista plástico, tal e como deixa patente na súa obra para  "Arts and Crafts".
 Impresionante a man que tes Issei!!! Parabéns!


Andrea, de 4º de primaria, tamén dedicouse a facer preciosas artesanías:



Andrea, eres unha artesá de primeira! Noraboa!!

Rodrigo, de 4º de primaria, preferiu converterse nun científico e compartir con nós un dos seus experimentos:



Que xenialidad Rodri!! Parabéns!


 E por último Mateo, de 6º de infantil, que tamén quixo experimentar coas cores.


 Encántanos Mateo! Que bonito ese círculo de cores!!! Felicidades!

martes, 26 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe compartimos lecturas para os máis peques da casa, que foron compartidos polo Grupo Anaya, non se poden descargar como outros que vimos compartindo, pero sí ler en liña.

Agardamos que vos gusten.

ACCEDEDE A ELES PREMENDO NAS IMAXES!






luns, 25 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe compartimos con vós, outros divertidos vídeocontos para desfrutar na hora de ler.






Así como outros contos que a autora, Olga de Dios, compartiu con todos e todas de xeito gratuíto.







Agardamos que vos gusten tanto como a nós.

venres, 22 de maio de 2020

Eu canto na casa

Para rematar a semana con alegría e bo humor, compartimos con vós unha canción moi coñecida para os nosos peques de infantil.
Trátase dunha versión da canción "Fun ao mercado" de María Fumaça, interpretada por un grupo de catro amig@s que ademais son mestres e mestras!, que elaboraron esta versión para o desfrute de grandes e pequenos.

María Mato xunto con Irene, Andrea e Óscar:


Moitas grazas por compartila con nós María!

Ademais, como sabemos que vos encantan os karaokes deixámosvos un vídeo co seu audio pero as imaxes con letras e pictos para que a poidades cantar toda a familia dende os vosos fogares toda a fin de semana.




Así como tamén compartimos a letra desta canción que podedes atopar no libro de María Fumaça titulado María Fumaçá...cantar e bailar para ser máis feliz!





Eu cociño e constrúo na casa

Hoxe compartimos con vós, moitas das cousas que fixeron ao longo destas semanas na casa de Ainara Sánchez Núñez, de 2º de primaria coa axuda da súa familia.

Pasar tanto tempo na casa pode ser moi divertido e tamén enriquecedor tanto para encher o bandullo con postres deliciosos como para poñernos á última moda. 

Mirade todo o que argallou Ainara!!!


Receitas saborosas: 

Bombóns de chocolate

Tarta de tres chocolates con amorodos

Biscoito


Manualidades animais: 




Moda: estampado de camisetas 





Unha mesaxe moi especial






MOITAS GRAZAS AINARA! 
ENCÁNTANNOS TODAS AS VOSAS IDEAS!!!

xoves, 21 de maio de 2020

Día Europeo de Rede Natura 2000



Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000.

Trátase dunha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación. Esta conmemoración celébrase baixo o lema:
 "O simple  aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo"

Por iso, hoxe Mateo de 6º de infantil e Rodrigo de 4º de primaria, elaboraron coas súas mans a bolboreta que da vida a esta tan necesaria concienciación que debemos ter para conservar a riqueza das distintas especies coas que contamos e os seus hábitats.









 A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos protexidos que se declararon para conservar determinadas especies e hábitats que viven neles. En total son máis de 27.000 en toda Europa!

CALES SON OS VALORES QUE CONVERTEN UN ESPAZO EN REDE NATURA 2000?
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados.

PERO QUE TEN DE ESPECIAL?
Ademais das numerosas especies de animais, plantas e hábitats que protexe como o aguia imperial ibérica, o oso pardo, o lince ibérico, o  quebrantahuesos, o visón europeo; a cegoña negra, o abeto ou o haxa; a Rede Natura 2000 é o resultado da interacción cultural e histórica entre home e natureza.

Non son só santuarios de natureza, neles realízanse actividades como a agricultura, a gandería, a caza ou o turismo, que garanten a conservación dos valores polos que se declararon espazos Rede Natura 2000.

Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia.

Unha magnífica idea Mateo e Rodrigo! Moitas grazas!!!


Compartimos ademais un conto cedido pola autora Olga de Dios que nos fará reflexionar na necesidade de colaborar para manter a nosa natureza limpa, así como outro conto sobre animais en perigo que proporciónanos a editorial Anaya.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A ÉL:


mércores, 20 de maio de 2020

Eu quedo na casa/ Imos de excursión

Xa estamos a mediados de maio e penso que toca facer unha excursión.
Como non podemos saír presencialmente todos xuntos, que vos parece se damos unha volta de forma virtual a algúns dos museos que temos na nosa comunidade???









Tamén desde Área educativa de Afundación queren seguir apoiando desde a súa web á comunidade escolar.

A continuación engadimos unha selección de ligazóns para que poidan traballar co alumnado e familias, se así o consideran.
- Biblioteca Infantil
- Experimento en familia.

martes, 19 de maio de 2020

Día da reciclaxe



Achégase o día do medio ambiente e o pasado 17 de maio foi o Día Internacional da Reciclaxe.

Por mor desta ocasión, Sogama  lanzou acampaña “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra” dirixida aos máis novos.

A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Premede na imaxe para acceder a todos os seus contidos!



luns, 18 de maio de 2020

Eu leo na casa

Hoxe queremos compartir con todos vós uns contos moi adecuados aos tempos que acontecen.

Estes contos foron compartidos de xeito gratuíto grazas aos seus autores Jose Carlos Román e David Lorenza e á  Triqueta Editora.

Moitas grazas!!








Aproveitamos para lembrarvos que hoxe é o último día para cubrir a enquisa de valoración da biblioteca escolar por parte das familias que atoparedes nun enlace enviado a través do voso AbalarMóbil. 
Moitas grazas de novo pola vosa colaboración!

domingo, 17 de maio de 2020

Día das letras Galegas

Hoxe, 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, unha data de gran importancia para os galegos e galegas, na que resaltamos con gran entusiasmo a nosa lingua galega.
Despois dunha gran semana, na que fixemos varias actividades de exaltación da nosa lingua, así como de coñecemento máis profundo dun escritor destacado da nosa cultura, como é o caso de Carballo Calero, chegou o gran día.

    A pesares das circunstancias nas que nos atopamos, decidimos unirnos e todos xuntos (tanto mestres/as como o alumnado) realizar unha gran actividade para conmemorar esta festividade. Para iso, estivemos elixindo todos e todas cal era esa palabra galega que tanto nos gustaba para finalmente elaborar un gran vídeo de recollida de "palabras en galego", creando así a nosa "CADEA POLA LINGUA".



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!




sábado, 16 de maio de 2020

Eu aprendo e xogo na casa

Bos días a todos e todas:

Hoxe Jimena, de 4º de infantil, tráenos un divertido xogo que elaborou coa axuda da súa familia esta semana.

Trátase dun xogo que xa practicaba antes, polo que é toda unha experta xogando a él, pero aproveitando que se trataba dunha das actividades que propuxo a súa profe decidiu que era hora de renovalo e personificalo para que lle quedara ben bonito.

A este xogo na casa de Jimena bautizárono co nome  O Xogo do Mono-Gato-Rato que quere comer as miñas noces, e que se chama JimenYo.

Así que se queredes pasar unha fin de semana moi divertida e merendar de forma saudable só tedes que argallar o xogo tal e como o fixo Jimena para pasalo así de ben!!!!

Ollade o seguinte vídeo para ver o ben que xoga a nosa amiga Jimena!!


Moitísimas grazas Jimena, é un xogo xenial!!!!

venres, 15 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha homenaxe á nosa lingua, á nosa cultura e ao noso pobo.

Este curso, debido á situación excepcional que está a acontecer, propúxose pospoñer a celebración para o vindeiro outono. 

Sen embargo, dende o noso centro non queríamos pasar por riba desta data tan importante para nós sen mostrar o noso respeto e o noso amor pola nosa língua e cultura.

Por isto, hoxe queremos compartir con todos vós os seguintes vídeos para conmemorar esta data e estar un pouco máis preto de vós.

Carmen Veira, de 1º de primaria, propúxose aprender unha parte do noso Himno Galego para celebrar o día das Letras Galegas, e hoxe compárteo con todas e todos nós.  



Fenomenal Carmen!!! 
Moitísimas grazas pola túa fermosa interpretación!

Ademais, os mestres e mestras de A Cristina, tamén quixemos achegarnos máis a vós nesta data e poder sentirnos máis preto para celebrar este día XUNTOS. 
Así que compartimos o seguinte vídeo que fixemos con moito agarimo para vós.





Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas!


Día da Familia

Bos días a todos e todas: Hoxe, 15 de maio, celébrase o 
Día da Familia.

Como sabemos, existen distintos tipos de familia. Sen ir máis lonxe... todos nós: alumnos e alumnas, mestres e mestras, persoal non docente, pais, nais, avós e avoas.... formamos unha gran familia, a nosa Comunidade Educativa.

Por iso hoxe Mateo, de 6º de infantil e Rodrigo, de 4º de primaria, xunto cos membros da súa familia, fixeron unha fermosa manualidade para  conmemorar a importancia e o amor das familias.



Xenial Familia!!!! Moitísimas grazas e feliz día a vós tamén!

Ademais, queremos compartir con vós uns contos sobre distintas familias que, estamos seguros, vos gustarán!





 





xoves, 14 de maio de 2020

Eu aprendo na casa

Sabemos moi ben que seguides traballando arreo a pesar da situación que estamos vivindo, e encántanos ver como aprendedes e realizades os distintos traballos e actividades dunxeito divertido.

Hoxe Mateo de 6º de infantil, comparte con nós algunhas das súas tarefas desta semana. Así foi que se puxo mans á fariña, creou unha plastilina caseira e respondeu con ela ao reto proposto na actividade que nos proporcionou a profe Rosana.

O proceso de elaboración da plastilina caseira podédela ver no seguinte vídeo:



E nas seguintes imaxes o código secreto do xogo interactivo!




Gran traballo Mateo

Semana das Letras Galegas

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.





Ademais, compartimos con vós un xogo que atopou a profe Rosana para aprender moitas cousas máis sobre o noso homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

Trátase dun xogo no que hai que ir pasando distintas probas moi divertidas para conseguir os números do código segredo.

Querédelo intentar??



Penso que xa coñecédes moi ben a Ricardo Carvalho Calero.

Queredes comprobalo??

Pois podedes averigualo no seguinte xogo:


mércores, 13 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas

Hoxe compartimos con  convosco un amplo proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, elaborado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Alí atoparedes o conto de As pitas baixo a choiva, a música así como unha unidade didáctica.

Premede no seguinte enlace ou imaxe para acceder á plataforma.


Agardamos que sexa do voso interese!!!

martes, 12 de maio de 2020

Unha mensaxe moi especial!

Bo día de novo a todas e todos!

Esta mañá temos para vós unha mensaxe (e un reto) dunha persoa moi especial para todas e todos nós. 

Esta muller que nos envía a mensaxe acompañounos este curso durante moitos meses sempre cun sorriso e moita moita marcha!.

Quen será, será....???






Unha aperta enorme Ana!!! 



Nós tamén te queremos moitísimo!


Semana das Letras Galegas

Continuamos ofrecéndovos distintos recursos para celebrar o
 Día das Letras Galegas.

Hoxe compartimos con vós algunhas das actividades e recursos elaborados pola Real Academia Galega, A Primavera das Letras, co fin de espallar por todo o planeta o noso día, o Día das Letras Galegas.

DESCARGABLES ( Fichas didácticas)




INTERACTIVAS ( Actividades dixitais)




OUTROS RECURSOS NA REDE



Semana das Letras Galegas

Bo día a todos e todas:

Hoxe, continuamos na Semana das Letras Galegas


Hoxe, queremos compartir convosco algúns recursos lúdicos para aprender sobre a figura de Carvalho Calero xogando:



Así como tamén un xogo creado por varias mestras de educación infantil do CPI de Vedra.
Trátase dun "Escape Room" sobre a vida e obra do noso homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

Agardamos que os desfrutedes!!!







luns, 11 de maio de 2020

Semana das Letras Galegas

Bo día a todos e todas.

Comezamos unha semana moi especial para todos nós, a semana da nosa língua, 
a Semana das Letras Galegas.

Por iso ao longo da semana iremos compartindo con vós distintos recursos e actividades.

Hoxe queremos compartir con vós un dos contos infantis de Carvalho Calero contado por Ana, a nai de Adrián Bustelo, de 2º de primaria, que, a falta de biblioteca onde facelo presencialmente, agasallounos a todos cunha lectura compartida dixitalmente:


                                     
Moitísimas grazas!!!


Ademáis poñemos a vosa disposición actividades interactivas propostas polo Seminario Galán.
Premede na imaxe para acceder ás actividades de cada curso e a desfrutar e aprender sobre o noso homenaxeado deste ano: 
Ricardo Carballo Calero.

Biografía para Educación Infantil

ACTIVIDADES ONLINE PARA 3 ANOS (4º infantil)



ACTIVIDADES ONLINE PARA 4 ANOS (5º infantil)


ACTIVIDADES ONLINE PARA 5 ANOS (6º infantil)




BIOGRAFÍA PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



ACTIVIDADES ONLINE PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA





ACTIVIDADES ONLINE PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



BIOGRAFÍA PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA




ACTIVIDADES PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


ACTIVIDADES PARA 4º DE PRIMARIA



BIOGRAFÍA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


ACTIVIDADES PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA



ACTIVIDADES PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA