Despois dunha gran semana, na que fixemos varias actividades de exaltación da nosa lingua, así como de coñecemento máis profundo dun escritor destacado da nosa cultura, como é o caso de Carballo Calero, chegou o gran día.
A pesares das circunstancias nas que nos atopamos, decidimos unirnos e todos xuntos (tanto mestres/as como o alumnado) realizar unha gran actividade para conmemorar esta festividade. Para iso, estivemos elixindo todos e todas cal era esa palabra galega que tanto nos gustaba para finalmente elaborar un gran vídeo de recollida de "palabras en galego", creando así a nosa "CADEA POLA LINGUA".
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Quedou moi ben!!!!
ResponderEliminarGustounos moitoo!!!
😍😍😍😍
Que bonito quedou!!!
ResponderEliminarGustounos moito poder vervos a todos.
Moitas gracias por facer todo esto mais ameno.
Chulísimo 👏👏👏👏!!!
ResponderEliminar