Hoxe, día 2 de Maio, celebramos o día Internacional contra o Acoso Escolar
Como xa sabedes, un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos hoxe en día nas escolas de todo o mundo é o acoso e violencia escolar, tanto física como psicolóxica, tamén coñecido como “bullying”.
Segundo a UNESCO, un 30% dos estudantes de todo o mundo foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez. E España, lamentablemente, ocupa o cuarto lugar en casos de bullying a nivel europeo. Datos realmente preocupantes, verdade?
O papel que temos as familias xunto cos centros educativos é fundamental para previr e erradicar este fenómeno que afecta gravemente á saúde mental, á calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas.
Por iso, é moi importante concienciar sobre este problema dende as idades más temperás educando en valores sociais e morais positivos e estimulando unha boa autoestima.
Os mestres e mestras do CEIP Plurilingüe da Cristina queremos poñerlle freo ao acoso escolar
E ti... poslle freo?
Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar.
Por iso, dende o recuncho de Nuno queremos ofrecervos tamén as seguintes curtas co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de erradicar este tipo de comportamentos.
L.O.U
Corto contra el bullying
Educar en valores
Xuntos conseguiremos paralo!!!
ResponderEliminar