O lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.
Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".
- Descubrir a capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura, que convidan á aventura (debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, ...).
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, neste caso lecturas que nos axuden a comprender mellor o noso mundo e lecturas que nos axude a entender o mundo dos outros...
Nesta primeira actividade que propuxemos, o noso alumnado comparte con toda a comunidade educativa os libros que lle lles permitiron deixar voar a súa imaxinación durante o confinamento e o tempo de vacacións previo ao comezo das clases. Aquí compartimos con vós a súa selección .
Desexámosvos unha moi boa viaxe a través da súa lectura!!!!
👌👌👏👏😍😍
ResponderEliminar