martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada como unha das grandes poetas da literatura española do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.

Neceu un 24 de febreiro, polo que esta data está marcada no calendario como o seu día. O equipo de dinamización da lingua galega propuxo unha actividade na que se implicou todo o alumnado: os máis pequenos contándonos un pouquiño sobre a vida da poeta e os máis maiores recitando os seus poemas. 

Aquí tedes o resultado:



Moi ben rapaces e rapazas!

luns, 22 de febreiro de 2021

NOVAS ADQUISICIÓNS

 Seguimos aumentando a oferta de libros no Recuncho de Nuno, coma sempre con un pouco de variedade, narrativa, libros de consulta... en galego e castelán. Son dous exemplares de "Los futbolísimos", "Zoóptica", "Chocolate infinito", dous libros de "Los forasteros del tiempo", "Siete casas, siete brujas y un huevo", "¿Quién quieres ser?", "Busca la mariquita en plantalandia", "Ilumianatomia" e "Iluminapesadilla", "Kepler 62", "Desde los simios hasta nosotros", "A oscuras. Cosas que pasan de noche", "El mar azul", "El libro del hospital", "El espíritu del bosque", "Un cuento para cada letra", "Criaturas mágicas y seres mitológicos", "¡Que suerte tengo!", "Los tímidos".



Listos para un montón de aventuras!





xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA DA RADIO


No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do 
Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 
Este curso que estreamos radio no cole para conmemorar este día realizamos uns podcasts. A temática esta relacionada co Entroido, por coicidir nestas datas, excepto infantil que xa se adelantaron e gravaron coa temática do día da Paz.

Nuno déixavos os enlaces para que poidades escoitar ao alumnado iniciándose nas gravacións.









                                                         



mércores, 10 de febreiro de 2021

ENTROIDO EN FAMILIA

 


As familia da Cristina como molan! Xa levamos varias propostas e sempre estades ahí para participar de xeito virtual, moitas grazas. Recibimos un pouco de todo, orellas, rosquillas e gran variedade de disfraces. 

RECEITAS

Manuel e Andrea de 1º e 5º


Mateo e Rodrigo de 1º e 5º


Lucía Castiñeiras de 4º de EI

                                       

                                            Dani de 5º EI



Nico de 6º

                                                        María de 1º

Kevin de 1º e Yaiza de 3º







DISFRACES:


                                                Nayra de 5º de Educación Infantil


                                          Iago Couto 5º EI

                                       

                                                        Alfonso de 6º EI

                                                         

Mariña 4º EI
 

Lucía Castiñeira de 4º EI acompañada de elefantes


                                               Fabiola e Germán de 5º EI e 1º EP


                                                            Mateo de 5º EI e Aroa de 3º EP



                                                       Iria de 2º

Yaiza de 3º




                                                        Nico de 6º



Alba e Mara de 5º EI e 1º EP



Kevin de 1º EP


XA QUEDA POUCO PARA CELEBRAR O ENTROIDO NO COLE!

O MECO MANDÓN A NUNO TOLEOU

Para XOVES:


 Hoxe o noso Meco mandón
pide que veñamos cos calcetíns
por riba do pantalón.








martes, 9 de febreiro de 2021

NUNO LISTO PARA O MÉRCORES

Para MÉRCORES:

 Que divertida esta semana!
Pois para vir ao cole aínda mellor
trae un zapato de cada cor!


luns, 8 de febreiro de 2021

NUNO PREPÁRASE PARA O MARTES

Para MARTES:

 A semana de Entroido imos continuar,
e todo o mundo na cabeza 
un adorno ten que levar.




domingo, 7 de febreiro de 2021

NUNO PREPÁRASE PARA O ENTROIDO



 Xa queda moi pouquiño para o Entroido e o señor Meco comeza cos mandadiños:

Chegou o señor Meco

 ao colexio da Cristina.

 Todo o mundo moi atento

 para cumprir cos mandadiños!

 Para luns: 

Para a semana empezar,

 se ao colexio elegante queres vir

algo posto no pescozo debes vestir.


NUNO XA ESTÁ PREPARADO PARA COMEZAR ESTA SEMANA TAN DIVERTIDA!

venres, 5 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Antes de comezar coas publicacións do entroido imos falar dunha conmemoración moi importante que ten lugar o día 11 de febreiro, o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. 

Este día foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de conseguir o acceso e a participación total e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e tamén para lograr a igualdade de xénero e o seu empoderamento.

No cole xa levamos uns días falando da MULLER, pois o calendario márcanos o 8 de marzo como unha conmemoración importante. Todo o alumnado está preparando algo especial coas profes de plástica e, por suposto, seguiremos investigando, neste caso sobre mulleres ilustres, dos diferentes países que visitamos con Nuno, pero disto xa falaremos...

Hoxe mostramos a selección de libros que ten Nuno para a semana que vén: