martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en galego como en castelán. Está considerada como unha das grandes poetas da literatura española do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego.

Neceu un 24 de febreiro, polo que esta data está marcada no calendario como o seu día. O equipo de dinamización da lingua galega propuxo unha actividade na que se implicou todo o alumnado: os máis pequenos contándonos un pouquiño sobre a vida da poeta e os máis maiores recitando os seus poemas. 

Aquí tedes o resultado:



Moi ben rapaces e rapazas!

1 comentario: