luns, 21 de xuño de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
SELECCIÓN LGTB
O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.
A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.
Como o día 28 xa non teremos clase, adiantamos esta conmemoración uns días. Nuno realizou unha selección de libros relacionados con esta temática.
sábado, 19 de xuño de 2021
DONACIÓNS DAS FAMILIAS
O longo do curso mostramos varias publicacións de novos libros, esta última foto mostra libros e xogos donados polas familias. Estarán esperando para o próximo curso nos estantes da nosa biblio.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
luns, 14 de xuño de 2021
ENCONTRO VIRTUAL CON MARÍA CANOSA
A semana pasada tivemos un novo encontro virtual, neste caso con María Canosa, que falou co alumnado de 3º e 4º sobre o libro Rubicundo:
E esta mesma escritora conectou con 1º para contar a historia de Mindi do libro "Unha fábrica de bicos" e eles moi atentos seguiron o conto ensinándollo a través da cámara!
Foi unha experiencia moi chula!
SEGUEN OS PREPARATIVOS DA RADIO
domingo, 6 de xuño de 2021
DÍA DO MEDIO AMBIENTE