luns, 21 de xuño de 2021

SELECCIÓN LGTB

 O Día Internacional do Orgullo LGTB, refírese a unha xornada na que teñen lugar unha serie de accións reivindicativas da comunidade LGTB+, co gallo de reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas.

A festa ten lugar o 28 de xuño, polo que a maioría das celebracións fanse ao redor desa data. A noción básica do «orgullo LGTB+» consiste en que ningunha persoa debe sentir vergoña do que é, sexa cal for o seu sexo ou orientación sexual.

Como o día 28 xa non teremos clase, adiantamos esta conmemoración uns días. Nuno realizou unha selección de libros relacionados con esta temática.




2 comentarios: