martes, 30 de novembro de 2021

PRENSA NA ESCOLA









 Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagoxico no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.


Os obxectivos son:

    • Fomentar o  uso da prensa na aula.

    • Descubrir a diversidade dos medios de información.

    • Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.

    • Saber de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.

    • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.

    • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.

En definitiva, ser  capaces de usar a prensa como un recurso didáctico, desenvolvendo a creatividade, o sentido crítico e a educación para o lecer.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está gozando deste proxecto , todos os mércores na Hora de Ler.













domingo, 28 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA


                                       

E seguimos no noso afán dunha educación de calidade. Nesta ocasión, temos ao alumnado de 5º Primaria, ollando os libros de Ciencias.
                                     





          
                                            



 


mércores, 24 de novembro de 2021

Día Internacional contra a VIOLENCIA DE XÉNERO


             Cada 25 de Novembro, dámoslle visibilidade ao noso reixeitamento á Violencia de Xénero,  pero lembrando que é obriga de tod@s  permanecer en "servicio de urxencias" todos os días do ano.

   Seguindo co noso  compromiso, desde a Biblio, facemos al seguintes recomendacións lectoras para infantil e primaria.




































martes, 23 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA



E seguimos cas novas achegas do alumnado, nesta ocasión coa elaboración dunha célula vexetal.


                                                            Alumnado de 6º B

Ademais, preparamos unha selección de libros relacionados co mundo da ciencia: animais, a Terra, a luz, o son.... Invitámosvos a visitar a Biblio!








XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


   Seguiendo a nosa folla de ruta, na procura dunha eficaz Biblioteca Escolar, acudimos un ano máis ás xornadas  establecidas para tal fin, este sábado en Santiago.

   Foi unha actividade intensa na que coñecemos experiencias doutros centros que nos achegan claves para impartilas no noso, seguindo a temática das Bibliotecas Escolares para o 2021: a ORALIDADE, posto que          



xoves, 18 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA

 




Durante este mes, celebramos en Galicia  a Ciencia nas Bibliotecas, e desde a Consellería de Cultura e Educación, difunden un TEXTO   do científico Angel Carracedo do que destacamos o seguinte:

"O tesouro dun científico e a ilusión de buscar o porqué das cousas e a ledicia prodúcese cando un descrubrimento dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén foi quen de albiscar"

E nós, nesa busca do coñecemento, aquí estamos cos nos@s Einstein  de 6º de Infantil!! Quen dixo MEDO ?


















mércores, 17 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

     


            

       "Leva moito tempo crecer

         ata  converternos  nun neno"

                                                                                              Pablo Picasso


       Un ano máis debemos darlle protagonismo a noso futuro:  as nosas nenas e nenos, cos seus dereitos e a súa reinvindicación de ser felices. 

      Estas nosas criaturiñas  nos sorprenden día a día, e algúns  teñen unha dimensión pública que merece ser visible. Así, traballaremos este libro, destacando persoas ilustres que xa sendo nen@s deixaron a súa pegada na sociedade. 

Quen sabe se algún día o noso alumnado ocupará a portada deste libro!

martes, 16 de novembro de 2021

OS VOLUNTARIOS DE 6º!!

 Aquí están  as nenas e nenos de 6º de Primaria,   coa súa magnífica axuda é sempre cun sorriso nos ollos!



Nesta ocasión colocando os novos libros de Arte.











  E deixamos estas imaxes dos pequerrech@s de 4º de Infantil, desfrutando da Biblio.... Para comelos!!

                                                          












mércores, 3 de novembro de 2021

A MOCHILA VIAXEIRA

 

E como non podía ser menos, este curso tamén nos acompaña na nosa viaxe pola imaxinación a nosa mochila !

   Este ano leva moitas cousas guays que vos encantarán: 

       - un libro de arte en xeral, e outro específico dun autor, relacionados como xa sabedes co noso Proxecto do cole "A Arte cambia o mundo"

       - un libro de lectura

        -unha película

        -e a nosa novidade para este ano : 

un libro para adultos !, porque non só os máis pequenos poden disfrutar de soñar cos ollos abertos... así que chicas e chicos, este curso diremos na casa:




Para elaborar as mochilas, contamos ca magnífica colaboración dos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria, axudando a montalas e repartilas polas aulas. Gracias chic@s !!






       

SAMAÍN NO CEIP A CRISTINA

 Queremos compartir con todas e todos vos as actividades que levamos a cabo en torno á celebración do Samaín no noso centro. 

Como xa sabedes, este ano no centro estivemos traballando lendas e seres mitolóxicos galegos que inspiraron ao pintor Urbano Lugrís. Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria gravaron na radio varios destas historias para dar comezo á celebración do Samaín.

Fixérono xenial!!!! Esperamos que vos guste. Pinchade na foto para escoitalos!!!


Como xa explicamos anteriormente, durante estas semanas estivemos coñecendo o pintor Urbano Lugrís. Coñecemos datos sobre a súa vida e as súas obras e serviunos de inspiración para reproducir os seus cadros e para crear os nosos propios seres mitolóxicos para celebrar o Samaín. Todas estas creacións decoran os corredores do noso centro. Deixámosvos un vídeo onde poderedes velas todas.

Tamén puidemos realizar grazas as vosas "manualidades" de Samaín unha exposición virtual.

Moitas grazas pola vosa participación!!! Sen a vosa axuda non sería posible!!!

Esperamos que desfrutedes da exposición virtual!!!