Prensa-Escuela é unha aposta de La Voz de Galicia, para que o xornal chegue á escola e se converta nun elemento pedagoxico no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
Os obxectivos son:
Fomentar o uso da prensa na aula.
Descubrir a diversidade dos medios de información.
Incitar aos alumnos a lela prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
Saber de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.
En definitiva, ser capaces de usar a prensa como un recurso didáctico, desenvolvendo a creatividade, o sentido crítico e a educación para o lecer.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria está gozando deste proxecto , todos os mércores na Hora de Ler.
👏👏👏🗞📰
ResponderEliminarGenial
ResponderEliminar