martes, 31 de maio de 2022

CONTACONTOS

 Hoxe o alumnado de Infantil asistiu a un CONTACONTOS, protagonizado por 



SABELA GAGO, da editorial SM.

        O contacontos é moi enriquecedora porque as nenas e nenos mergúllanse nesta actividade chea de elementos atractivos que lles fan estar cos olliños e oídos abertos, sen perder  o mínimo detalle, aprendendo o valor e o poder das historias. Estes ingredientes ben cociñados, farán que as nosas nenas e nenos, inclúan a lectura como unha das súas afeccións preferidas.










venres, 13 de maio de 2022

CITA Coas AUTORAS


    Tivemos a honra de ser visitados pola autora de un dos libros traballados en 1º e 2º de Primaria:

         SABELA FERNÁNDEZ TRELLES

   O alumnado estivo na biblioteca desfrutando da súa conversa, e posterior rolda de preguntas  e comentarios.

   Grazas Sabela. Foi  moi agradable para nós  a túa compaña.








SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

     Chegou  o día de conmemorar as NOSAS LETRAS, o noso idioma que nos fai fachendosos de entendelo, de falalo e de escoitalo.

   A miña ñai dicíame:  É  moito máis bonito dicir "miña naiciña", que dicir "mi madre". Pois si, mami, ese será o meu cometido: inculcar aos meus nenos e nenas este orgullo noso tan sudable.

O homenaxeado deste ano é:

         Florencio Manuel Delgado Gurriarán

   Na biblioteca contamos con títulos deste autor e novidades deste ano que vos presentamos. O primeiro está pensado na educación inclusiva, e a través de pictogramas axúdanos a comprender dun xeito máis doado as súas historias e os poemas, ao alcance de todas e todos.















E para comezar con forza a semana, aquí temos a  magnífica colaboración das familias de educación infantil , no seu papel de lectores e lectoras. Mirade que imaxes tan suculentas para incentivar o placer da lectura desde ben pequeniñ@s.













luns, 2 de maio de 2022

SEMANA DO LIBRO (V)

  APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Como xa anticipamos, aquí vos presentamos a galería de fotos cos apadriñamentos.

O alumnado de 5º Primaria, preparando as lecturas.

.
Neste vídeo temos unha visión global de como comezou esta xornada literiaria.


    


O alumnado  de 3º P  e de 1º P. intercambiáronse agasallos entre padriñ@s e afillad@s.




Galería de imaxes