Chegou o día de conmemorar as NOSAS LETRAS, o noso idioma que nos fai fachendosos de entendelo, de falalo e de escoitalo.
A miña ñai dicíame: É moito máis bonito dicir "miña naiciña", que dicir "mi madre". Pois si, mami, ese será o meu cometido: inculcar aos meus nenos e nenas este orgullo noso tan sudable.
O homenaxeado deste ano é:
Florencio Manuel Delgado Gurriarán
Na biblioteca contamos con títulos deste autor e novidades deste ano que vos presentamos. O primeiro está pensado na educación inclusiva, e a través de pictogramas axúdanos a comprender dun xeito máis doado as súas historias e os poemas, ao alcance de todas e todos.
E para comezar con forza a semana, aquí temos a magnífica colaboración das familias de educación infantil , no seu papel de lectores e lectoras. Mirade que imaxes tan suculentas para incentivar o placer da lectura desde ben pequeniñ@s.
🤩🤩🤩
ResponderEliminar