Ola lectores e lectoras!
Aquí vos deixamos os libros que Nuno nos propón para este Nadal. Esperamos que vos gusten!
Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal cheo de lecturas!
Ola lectores e lectoras!
Aquí vos deixamos os libros que Nuno nos propón para este Nadal. Esperamos que vos gusten!
Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal cheo de lecturas!
Ola lectores electoras!
Seguimos ampliando o fondo de libros da nosa biblioteca con estas novas adquisicións que esperamos que vos gusten e desfrutedes moito da súa lectura!
Ola lectores e lectoras!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nenos e nenas traballando co conto "Xela volveuse vampira", de Fina Casalderrey
Ola lectores e lectoras!
Nuno preséntavos as suxerencias para conmemorar o día 25 de novembro coa axuda dos colaboradores e colaboradoras da biblioteca, que prepararon a exposición na entrada do colexio.
Ola lectores e lectoras.
Un ano máis, organizamos desde a Biblioteca a "Mochila viaxeira", pensada para ser unha actividade que implique ás familias e proporcione un motivo de encontro entre os distintos membros desta empregando como ferramenta os libros e a lectura.
A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre a familia e a escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novo.
O material que levan nas mochilas está relacionado co proxecto do centro para este curso: "Medrando en saúde na Cristina"
Agardamos que disfrutedes moito con elas!
Ola lectores e lectoras!
O arrepiante Samaín está aquí! Este venres 28 de outubro festexaremos o Samaín no CEIP Plurilingüe A Cristina e... Ímolo pasar de medo!
Nuno xa está preparado para que comece a festa!Co gaio deste día, a aula de 4ºB, quixo engadir a súa achega, coa lectura deste libro:
Unha historia real de loita por salvar o valioso fondo dunha biblioteca, que nos recorda a todos que o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento, non teñen fronteiras.
Ola lectores e lectoras
Hoxe, 24 de outobro de 2022, conmemoramos o Día das Bibliotecas.
Dende Bibliotecas Escolares propoñen o lema "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" para todas as bibliotecas de Galicia neste curso 2022/2023, coa finalidade de poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.
Nuno súmase a este lema e, como podedes ver, comezou a escribir moi emocionado.
E como non podía ser menos, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina, tamén se animan a escribir textos tan máxicos como este que vos deixamos de mostra. A súa autora é Iria Orgueira Trigo, da aula de 4ºB.
Ola lectores e lectoras!
Este curso 2022/2023 estamos de estrea! Temos novos carnés personalizados coa foto de Nuno
Hola lectores e lectoras!
Na biblioteca estamos a preparar as mochilas viaxeiras!
O proxecto do centro este curso 2022/2023 leva o título "Medrando en saúde na Cristina". Nuno tamén se quere unir a esto da vida saudable, polo que vos seleccionou uns libros para que aprendades moito e melloredes a vosa saúde e a das vosas familias.
Porque como din os sabios... " O primeiro é a saúde!"
Ola lectores e lectoras!
Xa podedes empezar a desfrutar do libros na vosa aula!
Como podedes ver, algúns compañeiros e compañeiras xa fixeron a selección de exemplares para completar a súa biblioteca de aula. Entre tanta variedade non foi sinxelo decidirse.
Animádevos a encher as aulas de libros!
O luns 17 de outubro celebramos o "Día das escritoras", unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España que busca reinvindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Aquí tedes unha mostra das lecturas do alumnado de 6º de Primaria.
Nuno davos a benvida ao seu recuncho, a biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina, neste novo curso 2022/2023.
O verán é para desfrutar do tempo, do lecer, das viaxes.... Desde a Biblio, recomendamos o mellor destino viaxeiro: a imaxinación a través da lectura.
Seguindo as instrucións da autora desta cita, Daniela, de 7 anos, axudávosmos a escapar "como vos pete"!!
PRIMEIROS LECTORES
LECTORES AUTÓNOMOS