mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras para o Nadal

 Ola lectores e lectoras!

Aquí vos deixamos os libros que Nuno nos propón para este Nadal. Esperamos que vos gusten!

Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal cheo de lecturas!






luns, 12 de decembro de 2022

Novos fondos para a biblioteca

 Ola lectores electoras!

Seguimos ampliando o fondo de libros da nosa biblioteca con estas novas adquisicións que esperamos que vos gusten e desfrutedes moito da súa lectura!



venres, 25 de novembro de 2022

Conmemoración do 25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

 Ola lectores e lectoras!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nenos e nenas traballando co conto "Xela volveuse vampira", de Fina Casalderrey





xoves, 24 de novembro de 2022

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

 Ola lectores e lectoras!

Nuno preséntavos as suxerencias para conmemorar o día 25 de novembro coa axuda dos colaboradores e colaboradoras da biblioteca, que prepararon a exposición na entrada do colexio.




venres, 28 de outubro de 2022

COMEZAMOS COA VIAXE DAS MOCHILAS

 Ola lectores e lectoras.

Un ano máis, organizamos desde a Biblioteca a "Mochila viaxeira", pensada para ser unha actividade que implique ás familias e proporcione un motivo de encontro entre os distintos membros desta empregando como ferramenta os libros e a lectura.

A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre a familia e a escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novo.

O material que levan nas mochilas está relacionado co proxecto do centro para este curso: "Medrando en saúde na Cristina"

Agardamos que disfrutedes moito con elas!



xoves, 27 de outubro de 2022

AMPLIAMOS OS FONDOS DA BIBLIOTECA

Ola lectores e lectoras.

Aquí vos presentamos as novas adquisicións para a biblioteca do centro. Estes novos exemplares están relacionados co proxecto do centro para este curso 2022/2023: "Medrando en saúde na Cristina"

Están á vosa disposición para que aprendades unha morea de cousas saudables!






mércores, 26 de outubro de 2022

SUXERENCIAS DE LECTURAS PARA O SAMAÍN

 Ola lectores e lectoras!

O arrepiante Samaín está aquí! Este venres 28 de outubro festexaremos o Samaín no CEIP Plurilingüe A Cristina e... Ímolo pasar de medo!

Nuno xa está preparado para que comece a festa!

Aquí vos deixamos as propostas de Nuno para estes días tan terroríficos. Podedes atopalas nos corredores do cole!









martes, 25 de outubro de 2022

ACTIVIDADES DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Co gaio deste día, a aula de 4ºB, quixo engadir a súa achega, coa lectura deste libro:





Unha historia real de loita  por salvar o valioso fondo dunha biblioteca, que nos recorda a todos que  o amor pola literatura e  o respecto polo coñecemento, non teñen fronteiras.












luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

 Ola lectores e lectoras

Hoxe, 24 de outobro de 2022, conmemoramos o Día das Bibliotecas.

Dende Bibliotecas Escolares propoñen o lema "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" para todas as bibliotecas de Galicia neste curso 2022/2023, coa finalidade de poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

Nuno súmase a este lema e, como podedes ver, comezou a escribir moi emocionado.

E como non podía ser menos, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina, tamén se animan a escribir textos tan máxicos como este que vos deixamos de mostra. A súa autora é Iria Orgueira Trigo, da aula de 4ºB. 

Noraboa Iria por escribir deste xeito tan bonito!

Veña, todos e todas a escribir!





venres, 21 de outubro de 2022

EMPRÉSTITOS 2022/2023

 Ola lectores e lectoras!

Este curso 2022/2023 estamos de estrea! Temos novos carnés personalizados coa foto de Nuno


Aquí podedes ver cando vir recoller os vosos libros á biblioteca, sempre no recreo.



Os voluntarios e voluntarias da biblioteca axudaranche e xestionarán os empréstitos co sistema Koha.


Animádevos a vir e elexir os libros que máis vos gusten!








xoves, 20 de outubro de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS 2022/2023

 Hola lectores e lectoras!

Na biblioteca estamos a preparar as mochilas viaxeiras!

O proxecto do centro este curso 2022/2023 leva o título "Medrando en saúde na Cristina". Nuno tamén se quere unir a esto da vida saudable, polo que vos seleccionou uns libros para que aprendades moito e melloredes a vosa saúde e a das vosas familias. 

Porque como din os sabios... " O primeiro é a saúde!"


Aquí vos deixamos un avance dos libros seleccionados.



EMPRÉSTITO DE LIBROS PARA AS BIBLIOTECAS DE AULA

 Ola lectores e lectoras!

Xa podedes empezar a desfrutar do libros na vosa aula!

Como podedes ver, algúns compañeiros e compañeiras xa fixeron a selección de exemplares para completar a súa biblioteca de aula. Entre tanta variedade non foi sinxelo decidirse.


Animádevos a encher as aulas de libros!



martes, 18 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 O luns 17 de outubro celebramos o "Día das escritoras", unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España que busca reinvindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Aquí tedes unha mostra das lecturas do alumnado de 6º de Primaria.







BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2022/2023

 

Nuno davos a benvida ao seu recuncho, a biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina, neste novo curso 2022/2023.

Conta coa importante axuda de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria, que xa traballaron moito para poñer en marcha a biblioteca e que estarán á vosa disposición para o que precisedes.
 

Esperamos que veñades moito de visita e que desfrutedes deste espazo!

Pronto teredes novas de todo o que estamos argallando.








mércores, 22 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 O verán é para desfrutar do tempo, do lecer, das viaxes.... Desde a Biblio, recomendamos o mellor destino viaxeiro: a imaxinación a través da lectura.


         Seguindo as instrucións da autora desta cita, Daniela, de 7 anos, axudávosmos a escapar "como vos pete"!!

                                                PRIMEIROS LECTORES


                                        LECTORES AUTÓNOMOS



LECTORES EXPERTOS




                                                            ADULTOS



   Nuna, Nuno e o seu equipo de Biblioteca, deséNxavos FELIZ VERÁN !!