mércores, 22 de maio de 2024

CITA CON AUTORES- ÉRICA ESMORÍS

 



O alumnado de 3º e 4º de primaria,  tiveron a oportunidade de coñecer  este libro, que foi a lectura común que traballamos na clase.

Son as aventuras dunha nena moi curiosa e con moita imaxinación, que  inventou unhas fantásticas historias a través da roupa que os veciños , penduraban no patio de luces.


Foron moitas as dúbidas que xurdiron mentres lemos o libro, e quen mellor que a súa autora, para resolvelas:

                      Érica Esmorís

Foi unha mañá moi amena na que coñecemos a Érica, que por primeira vez acuidiu ao noso cole. E coa súa simpatía, carácter aberto, e con moitas ganas de contarnos as razóns que a levaron a escribir esta intrigante historia,  tivemos unha interesante tertulia e sinatura de libros.

Moitas grazas, Érica!!





martes, 21 de maio de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)



 

Neste día tan especial, como é o Día das nosas letras, quixemos facer o correspondente recoñecemento, á homenaxeada deste ano:  

             LUÍSA VILLALTA

Desde o equipo de Biblioteca, distrubuímos este libro onde dun xeito moi sinxelo e gráfico, puidemos recoñecer a esta prolífica autora. 



Fixemos lectura común nas aulas, e o alumnado estivo decorando marca páxinas con este magnífico resultado.



O noso corredor central do cole, está decorado con este mural que pintamos, baseándonos nunha páxina do libro que nos pareceu moi significativa para expresar a personalidade desta gran muller.




mércores, 15 de maio de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS- PERE TOBARUELA

 Unha proposta magnífica para conmemorar esta semana tan importante para nós:


        CITA CON  PERE TOBARUELA




Tivemos a pracer de volver a compartir unha tertulia literaria cun dos nosos autores favoritos: PERE TOBARUELA.

Nesta ocasión para partillar sobre o libro que desfrutaron 5º e 6º de primaria.

A biblioteca foi o espazo onde un montón de preguntas  tiveron respostas curiosas e sorprendentes, dentro do clima ameno distendido que sempre desfrutamos con este gran autor.




A radio non quixo quedar excluída deste acontecemento, e deixou a pegada nunha
entrevista á que Pere se mostrou encantado de participar.

As nosas voces das ondas, nesta ocasión foron Lucía de Joel de 5º de Primaria, e Xoel de 6º, acompañadas na parte técnica por Ana e Carmen de 5º.


Podedes escoitar a entrevista, premendo sobre  a imaxe.  Xa veredes que importancia lle concede este autor a nosa lingua! Como debe ser!

https://drive.google.com/file/d/1wcqVQXr3vX0PMgqIML5C0jD0UZY_cINQ/view?usp=sharing




sábado, 4 de maio de 2024

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR (II) " Pasando a bóla "





 O alumnado de 3º, 4ºe 5º de primaria, asistiu a unha representación teatral na que se visualiza de forma moi gráfica unha situación de acoso escolar, posibles alternativas á resolución, consecuencias, cambios de dirección no comportamento.... todo isto conseguido cunhas breves  pero moi intelixentes pinceladas da Compañía teatral A Xanela do Maxín, que conseguiu a acertada interactuación moi activa dos nenos e nenas (sete voluntarios convertidos en actores e actrices), os cales entenderon á perfección as situacións problemáticas que iban xurdindo e como a complexidade aumentaba ao engadir novas matices ao problema.  

A actuación está baseada no libro "A Banda dos insectos", e tanto sobre o libro como sobre a actuación, expresamos a nosa satisfacción e agradecemento á compañía, en concreto a Celtia Figueiras, por amosarnos dun xeito tan sinxelo e simbólico, ao xogo dramático como ferramenta para abordar a problemática do Acoso Escolar. 

Parabéns Celtia, e tamén as nosas felicitacións para "Leonardo", que puxo a nota de complicidade e dozura cos nenos e nenas.

Deixamos momentos da actuación. 

Isto é facer ben o traballo!!






DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR- EL CLUB DE LOS VALIENTES

 



O alumnado de 3º de Primaria, estivo a traballar este libro, no que os nenos e nenas, deciden converterse en valentes, loitando pola xustiza e pola valor da palabra, non soamente para visibilizar os seus problemas, senón para empregar a palabra como o mellor e máis efectivo recurso para a prevención e solución de conflitos.

    Enlazando co contido do libro, fixeron un cartel co lema;

            "O covarde usa a forza,

             o valente a palabra"



lema, que utilizaron no slogan que engalana o escudo de armas que elaboraron, no que ademais empregaron os símbolos da heráldica cos que máis identificados se sentían.



   Este foi o resultado. Uns valentes artistas !!
















venres, 3 de maio de 2024

SEMANA DO LIBRO (V)- CITA CON AUTORES

 

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, tiveron o pracer de contar coa visita que nos fixo PERE TOBARUELA, autor dun dos libros protagonistas das recomendacións lectoras para este ciclo e curso:


Aquí podemos ver o entusiasmo co que atendían a este ameno autor.