O alumnado de 3º e 4º de primaria, tiveron a oportunidade de coñecer este libro, que foi a lectura común que traballamos na clase.
Son as aventuras dunha nena moi curiosa e con moita imaxinación, que inventou unhas fantásticas historias a través da roupa que os veciños , penduraban no patio de luces.
Foron moitas as dúbidas que xurdiron mentres lemos o libro, e quen mellor que a súa autora, para resolvelas:
Érica Esmorís
Foi unha mañá moi amena na que coñecemos a Érica, que por primeira vez acuidiu ao noso cole. E coa súa simpatía, carácter aberto, e con moitas ganas de contarnos as razóns que a levaron a escribir esta intrigante historia, tivemos unha interesante tertulia e sinatura de libros.
Moitas grazas, Érica!!