venres, 22 de novembro de 2024

NOVIDADES

 Nuno tráenos un montón de novidades, para todos os públicos e de diferentes xéneros. Aquí tedes algúns dos novos títulos que en breve podedes atopar na biblioteca.



mércores, 20 de novembro de 2024

MÁIS CIENCIA

 Este recuncho de ciencia está sendo todo un éxito!












xoves, 14 de novembro de 2024

LER CIENCIA NA BIBLIO

 Con este título tan suxerente, queremos dar visibilidade á ciencia na biblio, como laboratorio creativo de aprendizaxe, e nada mellor que experimentar para aprender.




Conmemorando o mes da Ciencia, preparamos un recuncho científico  no que o alumnado, pode facer observacións nos microscopios, recoller as súas propias mostras, e facer numerosas prácticas, experimentando os cinco sentidos, alén de facer medicións ópticas, tensiómetras e ata testar o daltonismo.


Aquí os vemos en plena acción, nesta iniciativa tan atractiva!

  

 





                                                    
 







luns, 11 de novembro de 2024

GAÑADORES DO TEATRO LIDOOOO!

 Temos unha grandísima noticia!

Esta fin de semana gañamos o Concurso Escolar de Teatro Lido dentro do certame FIOT 2024 organizado polo concello de Carballo.


Aquí estamos recollendo o premio fachendosos despois de dous anos consecutivos acadando este primeiro posto. Ademais foi unha satisfacción dobre porque dous ex-alumnos do noso cole, Raúl e Abel, acadaron o primeiro premio na categoría de secundaria, parabéns tamén para estes compañeiros.


E por suposto as nosas felicitacións a Lucía, Victoria, Iria, Ana, Luna, Roque e Ross.
NORABOA!
Podedes ver o vídeo da actuación pinchando aquí.











venres, 8 de novembro de 2024

MALETA VIAXEIRA

 Co gaio do mes da ciencia, aproveitamos a equipaxe da MALETA VIAXEIRA dedicada a libros informativos. Estará con nós todo o mes, e podemos aproveitarnos de títulos súper interesantes a todos os niveis, polo que despois da selección por idades, na que colaborou o voluntariado da Biblio, estes libros foron repartidos por todas as aulas.


       

    


Podedes ver o contido  desta maleta premendo neste FICHEIRO.

BOA VIAXE!!









xoves, 7 de novembro de 2024

FINALISTAS NO FIOT !!

Como xa anticipamos, participamos na sección "TEATRO LIDO", dentro do certame de Teatro FIOT, organizados polo concello de Carballo.

E estamos fachendosos, porque por terceira vez, somos FINALISTAAAAAAAASSSS!

Crucemos os dedos para coñecer o veredicto final do próximo domingo!




mércores, 6 de novembro de 2024

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Comezamos novembro, o mes da ciencia nas bibliotecas. 


 Nuno fixo unha selección de libros científicos:


Esperamos que os disfrutedes e que descubrades o marabilloso mundo da ciencia!

 






venres, 25 de outubro de 2024

SAMAÍN

 Nuno e Cristinuna prepáranse para o Samaín!

 


Fixeron unha selección de contos terrorífico para esta época do ano que tanto lle gusta ao alumnado!







xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.


O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
No noso centro quixemos conmemorar o día facendo unha entrevista moi especial á concelleira de bibliotecas, arquivos e Normalización do concello de Carballo Ángeles Pacoret. Premendo sobre os enlaces podedes escoitar as nosas locutoras Ana e Luna de 6º de primaria.








martes, 22 de outubro de 2024

TEATRO LIDO- FIOT 2024

Un ano máis o Concello de Carballo organiza o Certame de Teatro, FIOT,  incluíndo a sección de Teatro Lido, coa participación dos centros educativos.

O alumnado de 6º de primaria,  preparou a versión dunha obra moi divertida e sorprendente: "A mentireira historia da Carapucha verdadeira".




A elección deste libro, autoría de Serafín Parcero, estivo vencellada á temática do Fiot para este ano, "Os clásicos", e pareceunos ideal falar sobre  varios contos clásicos que se reúnen nesta divertida e actualizada obra.

Premendo sobre a imaxe, podemos ver en acción aos participantes e desfrutar das súas dotes interpretavivas.


Fomos seleccionados para a gravación nunha emisora profesional, e  aquí vemos aos participantes, locutando nun auténtico estudo. Crucemos os dedos para ver se pasamos á final, pero aínda que non sexa así, xa somos gañadores por superar a 20 centros que quedaron no camiño.

Felicidades!









martes, 15 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS

14 DE OUTUBR0- DÍAS DAS ESCRITORAS

 

Onte celebramos o Día das Escritoras, homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias  deixando unha pegada fonda, non só nos libros;  ofrécennos  emocións que perduran no tempo.

Recollendo a ilustración que publicou para este ano O Portal de Bibliotecas de Madrid,  o alumnado fixo unha creación dixital, que recompila citas de escritoras famosas : "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.



                              Esta foi a achega de 4º primaria.

Aquí vémolos durante o proceso creativo!