venres, 22 de novembro de 2024
mércores, 20 de novembro de 2024
xoves, 14 de novembro de 2024
LER CIENCIA NA BIBLIO
Con este título tan suxerente, queremos dar visibilidade á ciencia na biblio, como laboratorio creativo de aprendizaxe, e nada mellor que experimentar para aprender.
Conmemorando o mes da Ciencia, preparamos un recuncho científico no que o alumnado, pode facer observacións nos microscopios, recoller as súas propias mostras, e facer numerosas prácticas, experimentando os cinco sentidos, alén de facer medicións ópticas, tensiómetras e ata testar o daltonismo.
luns, 11 de novembro de 2024
GAÑADORES DO TEATRO LIDOOOO!
Temos unha grandísima noticia!
Esta fin de semana gañamos o Concurso Escolar de Teatro Lido dentro do certame FIOT 2024 organizado polo concello de Carballo.
venres, 8 de novembro de 2024
MALETA VIAXEIRA
Co gaio do mes da ciencia, aproveitamos a equipaxe da MALETA VIAXEIRA dedicada a libros informativos. Estará con nós todo o mes, e podemos aproveitarnos de títulos súper interesantes a todos os niveis, polo que despois da selección por idades, na que colaborou o voluntariado da Biblio, estes libros foron repartidos por todas as aulas.
BOA VIAXE!!
xoves, 7 de novembro de 2024
FINALISTAS NO FIOT !!
Como xa anticipamos, participamos na sección "TEATRO LIDO", dentro do certame de Teatro FIOT, organizados polo concello de Carballo.
E estamos fachendosos, porque por terceira vez, somos FINALISTAAAAAAAASSSS!
Crucemos os dedos para coñecer o veredicto final do próximo domingo!
mércores, 6 de novembro de 2024
NOVEMBRO MES DA CIENCIA
Nuno fixo unha selección de libros científicos:
venres, 25 de outubro de 2024
SAMAÍN
Nuno e Cristinuna prepáranse para o Samaín!
Fixeron unha selección de contos terrorífico para esta época do ano que tanto lle gusta ao alumnado!
xoves, 24 de outubro de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
No noso centro quixemos conmemorar o día facendo unha entrevista moi especial á concelleira de bibliotecas, arquivos e Normalización do concello de Carballo Ángeles Pacoret. Premendo sobre os enlaces podedes escoitar as nosas locutoras Ana e Luna de 6º de primaria.
martes, 22 de outubro de 2024
TEATRO LIDO- FIOT 2024
Un ano máis o Concello de Carballo organiza o Certame de Teatro, FIOT, incluíndo a sección de Teatro Lido, coa participación dos centros educativos.
O alumnado de 6º de primaria, preparou a versión dunha obra moi divertida e sorprendente: "A mentireira historia da Carapucha verdadeira".
A elección deste libro, autoría de Serafín Parcero, estivo vencellada á temática do Fiot para este ano, "Os clásicos", e pareceunos ideal falar sobre varios contos clásicos que se reúnen nesta divertida e actualizada obra.
Premendo sobre a imaxe, podemos ver en acción aos participantes e desfrutar das súas dotes interpretavivas.
Fomos seleccionados para a gravación nunha emisora profesional, e aquí vemos aos participantes, locutando nun auténtico estudo. Crucemos os dedos para ver se pasamos á final, pero aínda que non sexa así, xa somos gañadores por superar a 20 centros que quedaron no camiño.
Felicidades!
martes, 15 de outubro de 2024
DÍA DAS ESCRITORAS
14 DE OUTUBR0- DÍAS DAS ESCRITORAS
Onte celebramos o Día das Escritoras, homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias deixando unha pegada fonda, non só nos libros; ofrécennos emocións que perduran no tempo.Recollendo a ilustración que publicou para este ano O Portal de Bibliotecas de Madrid, o alumnado fixo unha creación dixital, que recompila citas de escritoras famosas : "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.
Esta foi a achega de 4º primaria.