O 23 de Abril conmemoramos unha data moi especial para todXs:
O Día Internacional do Libro.
Para celebrar este día, como sabedes, pedimos a colaboración das familias.
O alumnado debía investigar cales foron os contos/libros favoritos de papá/mamá.
Algúns son libros de toda unha vida!
Moitas grazas pola vosa colaboración!
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Elaboramos unhas plantillas especiais de ESCORNABOT para traballar, por medio de adiviñas, autoras da literatura infantil e xuvenil, tanto galegas como españolas e internacionais. Escollemos solo autoras co motivo do noso proxecto "As mulleres contan".
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
POR SUPOSTO, TAMÉN REALIZAMOS O APADRIÑAMENTO LECTOR. MIRADE!
----------------------------------------------------------------------------------------------------
Tivemos tamén RECREOS LITERARIOS, actividade na que os libros e contos saíron da biblioteca para ocupar os patios e o tempo de lecer.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
E desfrutamos da hora de ler amenizada polos distintos cursos cada día da semana.
Os lectores e lectoras foron desde 1º de E.P. ata 6 de E.P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario