luns, 14 de outubro de 2019

Taller de primeiros auxilios

Hoxe, unha sección de Protección civil de Carballo acudíu á nosa biblioteca a dar unha charla teórico-práctica de primeiros auxilios aos mestres e mestras do claustro.

Estivemos aprendendo consellos básicos sobre o que deberíamos facer en caso de accidente como: caída, desfalecemento, parada cardio-respiratoria ou atragantamento, entre outros.

Orde de actuación:
1. Observa a contorna, o que puido ocasionar o accidente  e protéxete a tí mesmo e ao accidentado.
2. Avisa ao 112 .
3. Comproba se a víctima está consciente e respira.
4. Se respira : Colócaa en posición lateral de seguridade.
5. Se non respira : Abre vía aérea e comenza a RCP 30:2 ( compresións /insuflacións ).

Despois de vivir esta experiencia gustaríanos facer partícipes tamén ao noso alumnado xa que estes coñecementos poden salvar vidas.



Próximamente agardamos que sexan eles os seguintes en facer este tan necesario taller.


Moitas grazas polo voso traballo e por todo o que aprendimos hoxe con vós !!!

1 comentario: